Visualizacións de páxina totais

domingo, 18 de decembro de 2011

domingo, 13 de novembro de 2011

Notas

Resultados dos últimos exames
4º ESO:
Cristofer: 7´5
Alejandro: 9´75
Michael: 4´75
Lucía: 9´5
J.Luis: 7´5
Noelia: 2
Miriam: 5´25
Andrés: 8
María: 6´5
Juan F.: 8´5
Xaime: 4
David: 9´75




luns, 7 de novembro de 2011

Enigma

Falamos dos mortos, de epitafios, de historias do alén...; a ver se sabedes que pode ter en común este animaliño con todo iso. Agardo respostas.

luns, 24 de outubro de 2011

Novo enigma



Coas últimas calores deste outono fixen unha excursión familiar por este lugar tan fermoso. A súa beleza ten bastante que ver cun feito que hoxe poderiamos calificar de desfeita medioambiental e humana: os romanos non se detiñan se para acadar os seus obxectivos tiñan que desfacer uns cantos montes a base do traballo de moita xentiña que morreu tanto polos accidentes que se terían producido como pola insalubridade do traballo. Por suposto, eran outros tempos, outros contextos.
Agora tócavos a vós descubrir -como moi ben fixestes dous de vós no anterior enigma- onde están estes lugares misteriosos e por que os romanos o deixaron así de roto.
Valete.

mércores, 12 de outubro de 2011

Programacións latín

Aquí está a disposición de calquera a información relativa á programación de latín para 4º de ESO, 1º e 2º de bacharelato.

domingo, 9 de outubro de 2011

Rómulo e Remo

Unha versión sui generis da historia.
E como somos políglotas, estoutra.

Eutropio

Aquí está o enlace á páxina de chiron onde hai material abundante sobre toda a selectividade (texto completo de Eutropio, os temas de mundo clásico, lecturas...)
En canto ós de literatura:

E as dúbidas podédelas ir metendo como comentario sempre na última entrada (especialmente cando non me tedes a man -xa sabedes, continxencias vosas (enfermidades, saídas de xira matemática ...) ou tamén miñas-. O caso é que nada vos deteña no voso camiño a dominar os misterios do latín.
Finalmente, as/o de 2º non contestedes ós enigmas no blog; ímolo deixar para 4º; pero si podedes dicirmo na clase.
Valete.

AVE, LATINANTIOQUIANOS 2011-2012


Tarde pero aquí estamos de novo. Aínda que comezamos o curso cos folgos moi baixos, como a ave fénix, rexurdimos e agardamos voar alto este curso.
Somos aínda menos que outros anos, xa que as miñas ocupacións administrativas fan que só me ocupe de 2º de Bacharelato e 4º da ESO. Con bacharelato foi un reencontro -grato, sen dúbida-; en 4º, estamos en fase de coñecemento mutuo; pola miña parte, de momento, a impresión é moi boa.
Como digo, non estou en forma, non preparei enigmas nin actividades novas e polo momento tiraremos de fondo de armario -que despois de tantos anos, vai sendo amplo-. Iso si, estou aberta ás vosas propostas e sobre todo á vosa transmisión de enerxía para, como dicía ó principio, retomar o vo.

Como primeira actividade propóñovos averiguar por que fixemos esta foto a carón desa pedra; que ten que ver co latín? Por certo, a foto forma parte da terapia de renacemento ave-fénix á que me estou sometendo; un saúdo para os que nela aparecen e que xa voaron alto, lonxe, fulgurantes....(falta algún que ese día voara fóra do niño)
Valete.


martes, 10 de maio de 2011

Prisco e Vero

Aquí podedes ver máis información sobre estes gladiadores e tamén o poema de Marcial que fala deles.

martes, 12 de abril de 2011

Discurso de Calgaco e Agricola

Aquí tedes o texto que nos falta por ver do apartado Lecturas. Aquí, unha guía para a súa lectura e un cuestionario. Evidentemente, non entra no exame de mañán.

Impresionante!

Vendo isto seguro que entendedes o significado de Horror vacui .
(Iago, sempre atento, localizouno)

luns, 4 de abril de 2011

Outra de latinismos

Macedonia de latinismos a ritmo un pouco heavy. Absterse de velo menores -algunhas imaxes poden ferir sensibilidades-.
E por se vos queda dúbidas do que di, aquí tedes a letra.

venres, 1 de abril de 2011

Latinismos

Aquí podedes ver exemplos do uso dos latinismos en prensa. Un gran traballo de recopilación que lle agradecemos a Paullatim Gallaecia.

sábado, 26 de marzo de 2011

Viaxe ó pasado romano da Limia

IMG_0088 por anarodriguezalonso
Somos un grupo pequeno pero intenso. Xoves e venres formamos unha lexión menguada e saímos ó monte á procura do noso pasado.
Primeiro achegámonos ó miliario da foto (podése ver mellor no enlace da entrada anterior), a continuación asomámonos ó Limia e intercambiamos informacións sobre o Castelo de Celme -non esquezades que agora cómpre completar a información, non nos quedaramos coa dúbida-, pensamos na etimoloxía de Güín e finalmente, atrevémonos a facer unha incursión no territorio dos Coelerni en Castromao.
O venres, aínda máis disminuído o grupo, chegamos ata o campamento romano de Aquis Querquennis, falamos das invasións bárbaras acollidos no pórtico da igrexa de Sta. Comba e rematamos camiñando uns milia passuum pola Via Nova.
Podedes ver unha pequena testemuña dos nosos pasos aquí.

mércores, 23 de marzo de 2011

sábado, 12 de marzo de 2011

O teatro. Plauto

Podedes ir entrando en materia vendo esta presentación; aquí tedes o tema bastante amplo; a semana próxima revisaremos este último tema de literatura en clase.

venres, 11 de marzo de 2011

Eutropio, II, 12

Unha parte difícil: "Unum ex legatis R. , Fabricium, sic admiratus, cum....cognovisset, ut q.parte regni promissa solicitare voluerit ut ad se transiret, contemptusque est a Fabricio.

  • N. do sux.: (Pyrrus):
  • Verbo oración I: admiratus (est)
  • Predicado or. I:
  1. CD.: unum ex legatis R., Fabricium
  2. sic (adv. correlativo de ut nas sub. consecutivas)
  3. Or. sub. adv. consecutiva: ut...voluerit==> CD. : solicitare ==> C.D.: ut ad se transiret (or. sub. sustantiva); quarta parte regni promissa : Abl. abs.
  4. cum... cognov.: or. sub. adv. (cum hco.)==> CD (or. sub. sustantiva de infinitivo): eum (sux.), pauperem (atributo) esse (vbo.)
  • Conx. copulativa que une as dúas oracións: -que
  • Vbo oración II: contemptus est
  • Predicado:
  1. C. Axte: a Fabricio

Tradución: "Admirou tanto a un dos legados dos romanos, Fabricio, que, ó saber que era pobre, prometida a cuarta parte do reino (=despois de terlle prometida a ...), quixo incita(lo) a que se pasase a el e foi rexeitado por Fabricio."

mércores, 2 de marzo de 2011

O Entroido

Como ben sabedes, hai moitas tentativas de explicar as orixes do Entroido, aquí vos deixo unha delas: evidentemente a que fai referencia a Roma.
Que pensades vós?

sábado, 5 de febreiro de 2011

Lectura colectiva da Eneida

Se queredes participar nesta actividade, pinchade εδώ e seguide as instruccións. Non podedes perder esta oportunidade! O luns falamos -seguro que teño que pincharvos-.
Por certo, ὑπέρ-parabéns a todos os grupos do Cidade de Antioquía que pelexaron por desentrañar os misterios das preguntas-preguntóns Odisea 2011! Fixéstelo moi, moi ben, con paciencia, traballo e empeño, como se consiguen as cousas. Máis cedo ou máis tarde chegará o premio.
E por suposto, parabéns a Ana e Óscar, Atenea e Ares, que van loitar na final-desempate o próximo mércores. Sorteeeeeee!

xoves, 3 de febreiro de 2011

Odisea 2011. Problemas coa rede

Máis novas -copio a información que acabo de recibir-:

Ben, a estas horas da noite xa podemos concluír que todo está arreglado (esta vez de verdade!!!)


Esta mañá, por un problema informático na indexación das táboas das respostas, cada vez que un grupo enviaba as súas aparecía un erro en pantalla e logo, ao comprobalas, estaban totalmente desordenadas.

Por se isto fose pouco, a media tarde produciuse un colapso no servidor por exceso de solicitudes, que provocou que a aplicación non funcionase durante aproximadamente media hora.

Foron moitos os correos que recibimos nos que, de acordo co estipulado nas bases, mandabades as respostas dos grupos.

Despois de comprobar estes correos un a un vemos que todo está no seu sitio, aínda que pedimos que o comprobedes tamén vós para evitar calquera posible erro.

Recordade que mañá se vai dar un resultado provisional, sendo o definitivo o vindeiro luns, cando se publicarán os equipos participantes no desempate e as sedes onde se celebrará o mesmo.

Disculpade estes pequenos atrancos, que seguro provocaron algún ataque de nervios a máis de un..... (polo menos a nós....!!!)

Cousas do directo.

Sorte a tod@s mañá no resultado provisional e grazas por participar!


Maite Miñambres / Álvaro P. Vilariño


O dito, tranquilidade, isto é un xogo e, como di Kavafis, o importante é o camiño que percorrestes e o que nel aprendestes.
En caso de que volvese haber problemas, enviádeas por correo-e.
Ata mañá.

Moi importante!

Efectivamente hai problemas coa rede. Non é culpa vosa. Copio aquí o correo que ven de enviar a organización:
Detectamos xa dende esta mañá unha serie de problemas ao enviar as respostas do preguntón. Levamos todo o día traballando niso.

Recordade que nas bases está disposto que en caso de problema informático se manden as respostas por correo-e a: secretaria@seecgalicia.org

Esperamos telo solucionado canto antes.

É dicir, debedes enviar as respostas á dirección indicada. Se tedes algunha dúbida co procedemento, avisádeme.
Sorte!

Odisea 2011. Problemas coa rede

Gustaríame saber se solucionástedes os problemas que tiveste no envío das respostas do preguntón. A todos os grupos vos pasou o mesmo? De ser así, trataríase dun problema alleo a vós. Decídemo para que eu contacte coa organización.
Sorte

martes, 18 de xaneiro de 2011

A muller en Roma

Enlaces a lugares con información interesante:
- Xeralidades, matrimonio, mulleres coñecidas.
- Glosario (nomes de mulleres e homes relaccionados con elas)
- Un cuestionario para ver o que sabedes

domingo, 9 de xaneiro de 2011

Sobre a serie Hispania

Xa vos tiña comentado que a serie me parecía realmente intragable, tanto dende o punto de vista artístico coma histórico ou de calquera outro xeito de mirala que se me ocorrise. Tenteino varias veces pero á miña cabeza só viñan improperios cara quen fose o que argallou tal patraña. En fin, atopei este blog, no que un arqueólogo -cousa que eu non son- analiza polo miúdo os anacronismos, falsedades e incluso manipulacións ideolóxicas do enxendro. Na mesma entrada hai tamén enlaces á páxina oficial da serie onde algún asesor tenta xustificar o que fixeron -así podedes analizalo dende todos os puntos de vista-.
Unha vez máis, o que me gustaría é que, tendo a maior cantidade de información posible, obxectiva, subxectiva, parcial, partidista ...., acabásedes tendo a vosa propia opinión, tan válida coma a de calquera sempre que estea ben asentada nos cementos da información plural.
E se ó final vos gusta aínda que só sea esteticamente, ben estará!