Visualizacións de páxina totais

luns, 24 de outubro de 2011

Novo enigma



Coas últimas calores deste outono fixen unha excursión familiar por este lugar tan fermoso. A súa beleza ten bastante que ver cun feito que hoxe poderiamos calificar de desfeita medioambiental e humana: os romanos non se detiñan se para acadar os seus obxectivos tiñan que desfacer uns cantos montes a base do traballo de moita xentiña que morreu tanto polos accidentes que se terían producido como pola insalubridade do traballo. Por suposto, eran outros tempos, outros contextos.
Agora tócavos a vós descubrir -como moi ben fixestes dous de vós no anterior enigma- onde están estes lugares misteriosos e por que os romanos o deixaron así de roto.
Valete.

mércores, 12 de outubro de 2011

Programacións latín

Aquí está a disposición de calquera a información relativa á programación de latín para 4º de ESO, 1º e 2º de bacharelato.

domingo, 9 de outubro de 2011

Rómulo e Remo

Unha versión sui generis da historia.
E como somos políglotas, estoutra.

Eutropio

Aquí está o enlace á páxina de chiron onde hai material abundante sobre toda a selectividade (texto completo de Eutropio, os temas de mundo clásico, lecturas...)
En canto ós de literatura:

E as dúbidas podédelas ir metendo como comentario sempre na última entrada (especialmente cando non me tedes a man -xa sabedes, continxencias vosas (enfermidades, saídas de xira matemática ...) ou tamén miñas-. O caso é que nada vos deteña no voso camiño a dominar os misterios do latín.
Finalmente, as/o de 2º non contestedes ós enigmas no blog; ímolo deixar para 4º; pero si podedes dicirmo na clase.
Valete.

AVE, LATINANTIOQUIANOS 2011-2012


Tarde pero aquí estamos de novo. Aínda que comezamos o curso cos folgos moi baixos, como a ave fénix, rexurdimos e agardamos voar alto este curso.
Somos aínda menos que outros anos, xa que as miñas ocupacións administrativas fan que só me ocupe de 2º de Bacharelato e 4º da ESO. Con bacharelato foi un reencontro -grato, sen dúbida-; en 4º, estamos en fase de coñecemento mutuo; pola miña parte, de momento, a impresión é moi boa.
Como digo, non estou en forma, non preparei enigmas nin actividades novas e polo momento tiraremos de fondo de armario -que despois de tantos anos, vai sendo amplo-. Iso si, estou aberta ás vosas propostas e sobre todo á vosa transmisión de enerxía para, como dicía ó principio, retomar o vo.

Como primeira actividade propóñovos averiguar por que fixemos esta foto a carón desa pedra; que ten que ver co latín? Por certo, a foto forma parte da terapia de renacemento ave-fénix á que me estou sometendo; un saúdo para os que nela aparecen e que xa voaron alto, lonxe, fulgurantes....(falta algún que ese día voara fóra do niño)
Valete.