Visualizacións de páxina totais

mércores, 15 de maio de 2013

Vias romanas


Aquí podemos atopar un cadro que recolle viaxes, distancias e tempos documentados (pregunta que varias veces me fixéstedes).
Pregunta, segundo esta información, canto tempo tardaría un correo en chegar da Limia a Roma. E un carro cargado de mercadorías?

luns, 13 de maio de 2013

Visita ó complexo arqueolóxico de Sta. Mariña de Augas Santas

O venres, 10 de maio, fixemos unha fermosa viaxe a varios puntos de interés cultural, económico, medioambiental, histórico..., dos moitísimos que nos ofrece ALLARIZ.
O mundo clásico do Cidade de Antioquía iniciou o día coa exposición ARTE-MITO na Fundación Vicente Risco. Todo un luxo que dous dos artistas, Seo e Antonio Soria, nos explicasen a súa reinterpretación do mito! Grazas, de corazón.
Mentres tanto, o resto da expedición achegouse á depuradora onde descubriron  que o que vertemos ós sumidoiros non se evapora e desaparece por arte de maxia. Deles aprendemos que os bastonciños dos oídos son un atranco importante no proceso. Non tiralos ó sumidoiro!
A continuación visitamos a central de biomasa na que nos quedou claro como se pode transformar o que non serve en enerxía. O noso guía, antigo alumno do noso centro, foi un magnífico transmisor da súa laboura.
Para rematar a mañá, a visita ó Rexo con degustación de queixo incluída, mergullounos no concepto de reserva da biosfera e a súa búsqueda do equilibrio entre o ser humano e o seu contorno, amosounos todo o proceso dende a ovella (algún dos que alí estaban nunca tocaran animal tal) ata o queixo. Grazas a Bernardo e Carlos que foron uns guías amabilísimos (vale, tamén o can se facía querer!).
Despois de repor forzas ó pé do río, emprendemos da man de Martiño (outro  guía de luxo, grazas tamén), a  ruta polo mundo mitolóxico-arqueolóxico de Sta. Mariña de Augas Santas.
Poucos lugares que eu coñeza nos amosan tan ben o aproveitamento de materiais tanxibles e intanxibles: as columnas romanas valen de soporte para un alpendre rematándoas cunha fila de ladrillo; o petroglifo adáptase estupendamente ó valado do camiño; os  restos de controvertida explicación do complexo formado por auga-forno-pedra formosa acaen estupendamente reconvertidos en Forno onde asaron a Santa. Mariña, etc...
Deixo algunhas fotos, pero o mellor é adicarlle unha visita sen presa.






Algunhas fotos máis aquí.