Visualizacións de páxina totais

martes, 30 de decembro de 2014

Felix annus novus! Dous enigmas.



  1. Que ano vai comezar mañá Ab urbe condita?
  2. Que ten que ver cos romanos o que aparece nesta fotografía?


Preguntas para o concurso A Vía Nova

Déixovos a ligazón ás preguntas definitivas para o concurso que faremos a finais de xaneiro. As que veredes a maiores son as que só tiñan a resposta na versión que vos repartín. Son unhas poucas máis.
Esta versión ten a ventaxa de que preguntas e respostas están ó lado.
Este é o enlace: https://drive.google.com/file/d/0ByHAXORmp9jSaW1pUUNsNTB2RFU/view?usp=sharing
Se tedes algún problema, deixade un comentario.

venres, 12 de decembro de 2014

Enigma circulatorio.

Cal é o vículo mitolóxico entre unha constelación de nome   _ A_ _O_ E_  e o nome do helicóptero que vixía o tráfico do noso país?
Tala de árboles del helicóptero de Lines1 eléctrico

Saturnalia. Aenigmata saturnalicia: un fácil, un difícil, un fácil.


  1. Le este artigo e selecciona 3 costumes do Nadal cristiano que proveñen das Saturnalia romanas.
  2. Que palabra galega ou castelá procede do nome dos que saían á rúa nestas datas para alegrar o ambiente?
  3. Que día comezaremos a celebrar as Saturnalia?

martes, 9 de decembro de 2014

luns, 8 de decembro de 2014

Io, Saturnalia!

Preparámonos para estas datas tan sinaladas para os romanos e que seguimos a celebrar aínda que agochadas entre adornos navideños.
Curioseade nesta páxina e entradas de anos anteriores baixo a etiqueta Saturnalia.

Α Villa dos Misterios.

Preciosas imaxes de como debía de ser.

domingo, 30 de novembro de 2014

Enigma

Nesta ocasión envíovos ó Arqueoantioquía, xa que o contido da cuestión está máis vencellada o que alí tratamos.

venres, 28 de novembro de 2014

Enigma

An incomplete cast copper alloy dodecahedron

Que é isto? Que hipóteses existen sobre a súa utilidade? Cal vos parece máis posible? Ocúrresenvos outras?

venres, 21 de novembro de 2014

mércores, 12 de novembro de 2014

Exercicios de declinación

Neste enlace atoparedes exercicios on line sobre as declinacións de sustantivos e a posibilidade de corrixilos.

mércores, 29 de outubro de 2014

mércores, 22 de outubro de 2014

Visita a Aquis Querquennis e Enigma

Quen sabería relacionar este video con algo visto onte na nosa arqueolóxica visita?

Dúas fotos:
As latrinas.

Tania e Sara completando a explicación sobre o campamento.

domingo, 5 de outubro de 2014

Via Nova. Aquis Quaerquennis.





Comezamos as nosas visitas e, coma sempre, o primeiro é coñecer o que temos máis preto.

Para ir preparándonos vemos este video.
Contiuaremos a preparación das visitas en ARQUEOANTIOQUIA

venres, 26 de setembro de 2014

Eneas

Para os que non estivestes hoxe en clase: a historia de Eneas, antepasado dos romanos.

martes, 23 de setembro de 2014

luns, 22 de setembro de 2014

Un circo romano. Outro enigma





Observa este video no que se reconstrúe un circo romano e responde estas dúas cuestións:

  1. En que lugar se atopan os restos que permiten esta reconstrución virtual?
  2. Para que utilizaban os romanos esta construción?

luns, 15 de setembro de 2014

A festa do Esquecemento

Santi M. Amil

Cuando Décimo Junio Bruto desmitificó el Lethes

Xinzo de Limia rememoró con la Festa do Esquecemento el cruce del río por las tropas romanas

AVE, LATINANTIOQUIANOS 2014!

O curso 2014-2015 comeza.
Como cada ano abrimos as portas deste caixón que é o blog. Nel iremos gardando cousiñas variadas que nos fagan máis ameno o camiño cara o descubrimento do mundo romano.
Aí vos queda o primeiro enigma da tempada: Que ten que ver este escudo co latín?  (tentade explicalo coa maior claridade posible. Quen mellor o transmita terá agasallo)



Boa viaxe!

xoves, 20 de febreiro de 2014

Foros romanos

En Roma hoxe podemos visitar os restos de varios foros. Nestas reconstrucións podemos ver a súa situación, máis difícil de percibir in situ.

mércores, 19 de febreiro de 2014

Eutropio, II, 9

Deinde P. C. Rufinus M.C.Dentatus, ambo consules, contra Samnitas missi
                                                          Det.     N                  CC            Vbo.          

                                                   

                                                                                                                  
                             N                             Apos.             Mod.(Or. sub. adx. de part.)
                                                                                                                  
                                            Sux.                                                                                                                                    

ingentibus proeliis eos confecere
CC                       CD    Vbo

                                                       
   PDO.

luns, 3 de febreiro de 2014

Odisea 2014

Supoño que todos os grupos levástedes áncoras. Espero que a treboada que nos sacode non poña en perigo as vosas naves.
Por se algún grupo aínda está despistado e non sabe cara onde orientar o timón, aquí tedes o enlace.

xoves, 9 de xaneiro de 2014

Odisea 2014

Xa temos á vista unha nova Odisea, agardo que a viaxe sexa grata e exitosa. Ide quentando motores que empezamos.....
Cando emprendas a viaxe cara Ítaca....
(foto: José Domingo Bernardo, Santorini)

mércores, 1 de xaneiro de 2014

Por que o ano remata o 31 de decembro? Enigma

Neste artigo explícanse os cambios no calendario que deron lugar a esta organización do tempo vixente neste mundo globalizado.
O enigma co que dou comezo ó novo ano é o seguinte: Cal é o nome do cónsul enviado por Roma á guerra que se menciona no artigo?