Visualizacións de páxina totais

domingo, 15 de marzo de 2020

Clases a distancia

Todo o alumnado de latín, tanto de 4º de ESO como de 1º de Bacharelato, deberá enviar a súa dirección de correo electrónica á profesora. Podedes facelo como comentario neste blog ou a este correo electrónico: abvagra@gmail.com
Posteriormente, recibiredes un enlace para vos unir a unha clase de edmodo. Alí seguiremos, na medida do posible, coas actividades do curso.
Asemade, por este medio, enviareivos as notas pendentes.

Como actividade inicial, mirade o video sobre os acueductos nunha entrada anterior.

mércores, 11 de marzo de 2020

Toponimia ó día

O pasado 3 de marzo, a RAG presentáronse as conclusións sobre o topónimo Ribeira, poñendo fin a unha longa polémica.
Aquí tedes o enlace á páxina da Toponimia de Galicia da que falamos estes días e na que se explican as razóns de que a forma correcta sexa con -b-.