Mirade este video e tirade conclusións sobre o que nos queda hoxe.
Visualizacións de páxina totais
54,315
martes, 15 de decembro de 2015
luns, 7 de decembro de 2015
xoves, 3 de decembro de 2015
martes, 1 de decembro de 2015
sábado, 28 de novembro de 2015
sábado, 21 de novembro de 2015
martes, 17 de novembro de 2015
Cancións en latín
Aquíhttp://aliso.pntic.mec.es/agalle17/latin/rockola/rockola.html podedes escoitar cancións modernas en distintas linguas, con subtítulos en latín. Un bo exercicio!
luns, 16 de novembro de 2015
martes, 10 de novembro de 2015
sábado, 7 de novembro de 2015
martes, 27 de outubro de 2015
A word a day. Enigma
Unha palabra ó día.
As palabras desta semana van encadeándose entre si. Poderías explicar o significado etimolóxico das dúas primeiras?
As palabras desta semana van encadeándose entre si. Poderías explicar o significado etimolóxico das dúas primeiras?
domingo, 18 de outubro de 2015
luns, 12 de outubro de 2015
Bo curso!
Comezamos cun pouco de retraso o novo curso en Latinantioquia, máis con folgos renovados.
Na biblioteca do insti, tivemos estes días unha fermosa exposición que nos deixou un sabor de boca un pouco amargo por a dor que supuña ver os estragos dos incendios nos habitantes da Serra do Larouco.
Nesta exposición aparecían os nomes científicos de animais e plantas.
Dispoñémonos a dar luz a eses nomes "raros" que aparecen ó lado dos nomes comúns. De momento propóñovos catro enigmas:

Nesta exposición aparecían os nomes científicos de animais e plantas.
Dispoñémonos a dar luz a eses nomes "raros" que aparecen ó lado dos nomes comúns. De momento propóñovos catro enigmas:
- Busca un animal e unha pranta na que o nome científico teña que ver coa cor
- Busca dúas prantas nas que o nome científico teña relación coas súas follas
- Atopa un nome mitolóxico nun nome científico
- Que animaliño dos que aparecen nas fotografías recibe o seu nome científico da súa suposta afición ós figos?
E por se vos parece pouco, poderiades dicir o nome dalgún dos científicos que bautizaron estes animais ou prantas?
luns, 15 de xuño de 2015
Paseo por Roma
Para que vaiades sentindo a chamada de Roma!
martes, 9 de xuño de 2015
mércores, 3 de xuño de 2015
Imaxes da mitoloxía
Que representa cada unha destas obras de arte?
domingo, 10 de maio de 2015
Problemas de vivenda en Roma
Non é esta unha nova dos nosos días. Conceptos como "especulación", "negocio inmobiliario", "corrupción", "presión sobre o solo urbano", aparecen neste artigo centrado nas insulae
Restos orgánicos en Pompeia
Unha nova exposición sobre Pompeia terá lugar nesta ocasión en Milán e estará centrada na vida cotiá.
Neste artigo dun xornal, podemos ver imaxes de restos orgánicos conservados, especialmente restos de comida.
Como todo o relacionado con Pompeia, ESTREMECEDOR!

Neste artigo dun xornal, podemos ver imaxes de restos orgánicos conservados, especialmente restos de comida.
Como todo o relacionado con Pompeia, ESTREMECEDOR!

domingo, 3 de maio de 2015
As Médulas e as canles.
Preparamos a última visita do curso.
Coma sempre, precisamos coñecer a distancia o que imos ver.
A wikipedia ofrécenos info.suficiente para iniciar esta andaina. Dado que hai un erro nun enlace -envíanos a unha páxina xaponesa-, aproveitaremos para editar o artigo da galipedia.
Tamén nos achegaremos á páxina oficial da aula de interpretación.
E un bo resumo neste video cortiño:
En canto ás canles, temos un estupendo video

xoves, 30 de abril de 2015
Composición e derivación de palabras
Neste enlace tedes unha boa exposición do tema feita por Álvaro P. Vilariño.
xoves, 23 de abril de 2015
A casa do Mitreo
Interesante presentación dunha domus a partires das imaxes dos restos da domus do Mitreo en Emerita Augusta.
Aquí, info sobre unha casa recentemente excavada en Lucus
Aquí, info sobre unha casa recentemente excavada en Lucus
venres, 10 de abril de 2015
Civitas limicorum. Enigma
Como xa temos comentado, baixo o Xinzo actual hai un tesouro agochado que sae á superficie cada vez que se fan obras. Cómpre sabelo e darlle o valor que ten.
Hoxe, a prensa recolle un novo achádego; de momento so son unhas pedras que indican a importancia do que está por descubrir.
Este enigma é máis ben un encargo. Facede unha fotografía dos restos atopados e colocarémola nesta entrada. Hai agasallo.

martes, 24 de marzo de 2015
mércores, 18 de marzo de 2015
martes, 10 de marzo de 2015
Vías romanas. Enigma
Unha axuda para preparar o concurso.
Un enigma: onde se atoparon estes miliarios? Pista: pódense ver no Museo Arqueolóxico de Ourense, no edificio que está pechado ó público. Como se poden ver, logo? Nunha cristaleira que hai nun lateral do edificio.

xoves, 26 de febreiro de 2015
A word A Day. Enigma e algo máis para dous días de folga.
Esta é unha interesantísima web que cada día dá a coñecer unha palabra en inglés. Semanalmente escollen un tema e seleccionan cinco palabras vinculadas -o nexo pode ser o significado, a orixe, a estrutura...-.
Dende que son seguidora desta experiencia, non deixa de soprenderme a cantidade de vocabulario inglés de orixe latína ou grega.
Esta semana o tema escollido é ben coñecido por o alumnado de latín: Latin terms in english.
Xunto co significado do vocábulo ou frase, vén recollida a súa pronuncia, a súa explicación etimolóxica e algún exemplo de uso.
Agora vén o enigma: Cal é a orixe do termo ampersand?

luns, 23 de febreiro de 2015
Enigma
Que polémica xurdiu despois de que o lema do 14º estado dos EEUU engadise unha frase en latín? Explicade o significado do lema.

xoves, 12 de febreiro de 2015
A épica. Lecturas Ovidio.
venres, 6 de febreiro de 2015
mércores, 4 de febreiro de 2015
Chegamos a bo porto!
As Fafochas, Jésica, Sarah Magdalena e Tania, a pesares de non ter escollido un nome clásico, acadaron a 3ª posición -entre 268 equipos- no concurso Odisea 2015!
Parabéns polo seu traballo, dedicación, constancia....!
Parabéns tamén á organización por todo o traballo que un ano máis levaron a cabo. Grazas!
Clasificación dos Grupos que participaron no desempate
Orde | Nome do Grupo | Nome do Centro | Localidade | Tempo empregado no desempate | Puntuación Total |
1º | VICKY EL VIKINGO Y SUS AMIGOS LOS BARBARITOS.2.0 | IES "SALVADOR DE MADARIAGA" | A CORUÑA | 2 horas, 56 minutos e 29 segundos | 93 |
2º | PRÉSTASME | IES DIONISIO GAMALLO DE RIBADEO | RIBADEO | 2 horas, 53 minutos e 16 segundos | 91 |
3º | FAFOCHA | I.E.S. CIDADE DE ANTIOQUÍA | XINZO DE LIMIA | 2 horas, 30 minutos e 21 segundos | 89 |
4º | BADIUS | IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA | BAIO-ZAS A CORUÑA | 2 horas, 55 minutos e 1 segundos | 89 |
5º | HELENAS DE AMES | IES AMES | BERTAMIRANS-AMES | 2 horas, 56 minutos e 43 segundos | 89 |
6º | BENE UTERE! | COLEXIO PLURILINGÜE LA SALLE | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 2 horas, 57 minutos e 23 segundos | 89 |
7º | ALBUM ET NIGRUM | IES VAL DO ASMA | CHANTADA | 2 horas, 59 minutos e 5 segundos | 89 |
8º | AS DISCÍPULAS DE ATENEA | IES DE MELIDE | MELIDE | 2 horas, 55 minutos e 59 segundos | 87 |
9º | SIN SUSTANCIA | IES AS MARIÑAS | BETANZOS | 2 horas, 56 minutos e 31 segundos | 87 |
10º | THE COVEN | IES EDUARDO PONDAL | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 2 horas, 59 minutos e 43 segundos | 87 |
domingo, 1 de febreiro de 2015

domingo, 25 de xaneiro de 2015
Odisea 2015. Comeza a singradura
Os nosos representantes
Manuel Ángel, Caroline, Judit, Raquel, Lidia e Jésica, alumnado de 4º de ESO
Χαίρετε, ναῦται. VALETE, NAUTAE!
Hoxe comeza a vosa singradura. Sen que teñades que descender ao Hades para consultar a Tiresias podémosvos adiantar algúns consellos.
Durante tres días o apacible Euro guiaravos por augas en calma. Gozade, sen abafos de tempo, coas preguntas que se vos propoñan e asegurade as respostas, pero, coidado! FESTINATE LENTE, σπεύδετε βράδεως!
O xoves verédesvos azoutados por Bóreas implacable e teredes que afrontar terribles momentos de desfalecemento ante as esquivas pistas do "preguntón" que, semellantes a Escila e Caribdis, axitarán o vinoso ponto para que se decanten os mellores. Sede prudentes como o paciente Odiseo, CAVETE, προσέχετε σαυτοῖς!
Os organizadores e organizadoras deste concurso desexámosvos moito éxito:
ἀγαθῇ τύχῃ, FORTUNAM SECUNDAM VOBIS!

venres, 23 de xaneiro de 2015
domingo, 18 de xaneiro de 2015
Tres poetas latinos do amor
Neste enlace podedes ver as normas do xogo da Vía Nova. Non temos o taboleiro, pero imaxinádeo similar ó da oca.
xoves, 8 de xaneiro de 2015
Odisea 2015
Bases e o calendario do concurso
Animádevos a participar: organizade os grupos, pensade un nome orixinal e ide pensando que sabedes do tema sobre o que tratará este ano: O AMOR EN GRECIA E ROMA. A continuación recollo uns parágrafos das bases do concurso que nos introducen na materia:
"O amor únenos e sepáranos, alégranos e entristecenos, móvenos e paralízanos. Dende o principio dos tempos, foi o tema predilecto dos poetas que ensalzaban as virtudes do ser amado e choraban pola súa perda. Non faltou quen intentou darnos leccións de como conseguir o amor e sobrevivir á súa perda, quen inmortalizara aventuras amorosas de terrible final, quen, mesmo, fuxindo dun amor non desexado, abandonara a súa forma humana para converterse en árbore.
A historia e literatura de Grecia e Roma están atestadas de parellas famosas que todos coñecemos, como Pericles e Aspasia, Helena e Paris, Adriano e Antínoo, Zeus e ... En fin, parellas diversas que nos inspiran, conmoven e divirten. Tamén a nave de Odisea, namorada da Antigüidade clásica, quere render unha homenaxe a esa forza que todo o vence, tan necesaria nestes tempos convulsos. Por iso, nesta edición, o Amor será o tema do noso concurso. Serán os participantes de Odisea 2015 tan tenaces buscando respostas, como Catulo pedindo bicos? "
A nosa nave xa correu innúmeras aventuras na navegación polo proceloso mar dos centros de toda Galicia e, unha vez máis, nesta décima singladura, ansiamos chegar á nosa illa sans e salvos e tamén máis sabios. Deixemos aos nosos alumnos e alumnas que se enfronten como modernos heroes ás preguntas e desfruten da satisfacción das respostas encontradas co seu esforzo, que cheguen sós a Ítaca e culminen a súa viaxe sen consultar ao oráculo máis que o estrictamente necesario.
mércores, 7 de xaneiro de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)