Visualizacións de páxina totais

domingo, 16 de decembro de 2018

Sobre a tetrarquía. Augustos vs.Césares

Tetrarquía foi un sistema de goberno creado polo emperador romano Diocleciano por forma a resolver serios problemas militares e económicos do imperio romano.
Os tetrarcas, escultura en pórfirosaqueada dun pazo bizantino en 1204.
Dividiu o seu poder sobre o imperio entre os sectores orientais (pars Orientis) e occidentais (pars Occidentis). Mantivo o control persoal do sector leste e o seu colega Maximiano controlou o occidente. Diocleciano non dividiu propiamente o poder co seu compañeiro de armas Maximiliano, pois, na realidade, Diocleciano estaba colocado en posición superior á de Maximiliano. A partir de aí, o Imperio pasou a ter dos Augustos (augustus), cada cal con exército, administración e capital propios, aínda que Diocleciano continuase a ser o xefe do Estado, representando a unidade do mundo romano.
Oito anos máis tarde, considerando que era necesaria maior concentración en problemas cívicos e militares, decidiu dividir aínda máis o poder ao nomear un "Imperator Iunior", ou César (caesar), reportando a cada "Imperator Senior", ou Augusto. Os Césares eran xefes militares capaces de gobernar e protexer o imperio, adoptados como fillos polos Augustos, a quen sucederían en caso de morte, incapacidade provocada pola vellez ou transcorridos vinte anos dos seus gobernos. Os césares, lugartenente dos Augustos, tamén posuían capital, exército e administración propios. A esa organización dáselle o nome de tetrarquía, ou o goberno de catro, pois hai dous Augustos e dous césares. A Tetrarquía durou ata 324.
O pai de Constantino IConstancio Cloro foi nomeado César na Tetrarquía en 293. Despois da abdicación de Diocleciano (305), tivo inicio unha guerra entre os Augustos e os Césares por el nomeados. Instaurouse a anarquía. En 312, no combate da Ponte Milvia, Constantino derrotou a Maxencio. De 316 a 323, Constantino e Licinio gobernaron Roma. A partir de 323, Constantino pasou a gobernar só.

Exercicios

Neste enlace tedes exercicios de gramática coa correción on line, e tamén un dicionario. Para practicar!!!!

Tamén aquí

domingo, 25 de novembro de 2018

Xinzo romano

Para contextualizar a visita de mañá
http://www.laregion.es/articulo/a-limia/aparecen-vestigios-romanos-rua-da-igrexa-xinzo/20180224095638773412.html

martes, 23 de outubro de 2018

Pompeia, esa caixa de sorpresas! Enigma

Chamaba a atención que estes pompeianos fosen tan abrigados para ser agosto. Agora, parece ser que o enigma quedou aclarado.




Mira este video, busca algún artigo recente sobre o tema e fai o resumo sobre o que supón este achádego.
Ademais: 
  • Como pudo transmitirse o erro na data?
  • Que opina Mary Beard do asunto?



luns, 15 de outubro de 2018

A vaixela

https://domus-romana.blogspot.com/2012/01/vasa-escaria-la-vajilla-de-la-antigua.html

venres, 14 de setembro de 2018

Ave,novi et veteres discipulae et discipuli!. Primum enigma

Comezamos o curso actualizando a presenza romana en Galicia.

Durante o verán fixéronse os primeiros estudos sobre este xacemento arqueolóxico. A miña pregunta é: Que outro xacemento similar, xa visitado por algúns de vós, coñecedes na Limia?

xoves, 18 de xaneiro de 2018

Salinas romanas de Vigo. Enigma

Máis ca un enigma trátase de que fagades un comentario crítico sobre este artigo do xornal, facendo referencia á nosa visita do ano pasado a Vigo.