Visualizacións de páxina totais

luns, 29 de novembro de 2010

Unha de broma (con algo serio), e un enigma.

Aquí vos deixo a versión de Les Luthiers da historia dun tal Iugurtu (nome que nos recorda a aquel Iugurta, rei de Numidia que fixo a guerra ós romanos).Tamén podedes botar un ollo á verdadeira historia de Iugurta , menos divertida que a de Iugurtu pero chea de aventuras e desventuras. Por certo, que outro rei que se enfrontou a Roma tivo un final similar a Iugurta? (Ten premio)

Agora si, corrixido, Para reforzar as nosas conviccións

Un artigo interesante para responder a esa pregunta que estaredes fartos e fartas de escoitar: e para que sirven as Humanidades?
Por certo, Martha Nussbaum (a quen se cita no artigo) ten un libro que me encantou sobre a traxedia grega (La fragilidad del bien: fortuna y ética en la tragedia y la filosofía griega [traducción de Antonio Ballesteros] Madrid: Visor, 1995).

martes, 2 de novembro de 2010

A voltas coa morte

Falamos de estelas funerarias romanas: aquí vos queda esta, atopada preto da nosa zona. Buscade nela algunha das fórmulas que estudiamos