Completa información sobre o seu trazado.
Visualizacións de páxina totais
luns, 27 de maio de 2013
venres, 17 de maio de 2013
mércores, 15 de maio de 2013
Vias romanas
Aquí podemos atopar un cadro que recolle viaxes, distancias e tempos documentados (pregunta que varias veces me fixéstedes).
Pregunta, segundo esta información, canto tempo tardaría un correo en chegar da Limia a Roma. E un carro cargado de mercadorías?
luns, 13 de maio de 2013
Visita ó complexo arqueolóxico de Sta. Mariña de Augas Santas
O venres, 10 de maio, fixemos unha fermosa viaxe a varios puntos de interés cultural, económico, medioambiental, histórico..., dos moitísimos que nos ofrece ALLARIZ.
O mundo clásico do Cidade de Antioquía iniciou o día coa exposición ARTE-MITO na Fundación Vicente Risco. Todo un luxo que dous dos artistas, Seo e Antonio Soria, nos explicasen a súa reinterpretación do mito! Grazas, de corazón.
Mentres tanto, o resto da expedición achegouse á depuradora onde descubriron que o que vertemos ós sumidoiros non se evapora e desaparece por arte de maxia. Deles aprendemos que os bastonciños dos oídos son un atranco importante no proceso. Non tiralos ó sumidoiro!
A continuación visitamos a central de biomasa na que nos quedou claro como se pode transformar o que non serve en enerxía. O noso guía, antigo alumno do noso centro, foi un magnífico transmisor da súa laboura.
Para rematar a mañá, a visita ó Rexo con degustación de queixo incluída, mergullounos no concepto de reserva da biosfera e a súa búsqueda do equilibrio entre o ser humano e o seu contorno, amosounos todo o proceso dende a ovella (algún dos que alí estaban nunca tocaran animal tal) ata o queixo. Grazas a Bernardo e Carlos que foron uns guías amabilísimos (vale, tamén o can se facía querer!).
Despois de repor forzas ó pé do río, emprendemos da man de Martiño (outro guía de luxo, grazas tamén), a ruta polo mundo mitolóxico-arqueolóxico de Sta. Mariña de Augas Santas.
Poucos lugares que eu coñeza nos amosan tan ben o aproveitamento de materiais tanxibles e intanxibles: as columnas romanas valen de soporte para un alpendre rematándoas cunha fila de ladrillo; o petroglifo adáptase estupendamente ó valado do camiño; os restos de controvertida explicación do complexo formado por auga-forno-pedra formosa acaen estupendamente reconvertidos en Forno onde asaron a Santa. Mariña, etc...
Deixo algunhas fotos, pero o mellor é adicarlle unha visita sen presa.
Algunhas fotos máis aquí.

xoves, 9 de maio de 2013
mércores, 8 de maio de 2013
Conservación de Pompeia
Un sistema deseñado en Valencia axuda a conservar o que nos quedou de Pompeia.
venres, 3 de maio de 2013
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)