Visualizacións de páxina totais

Amosando publicacións coa etiqueta inicio de curso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta inicio de curso. Amosar todas as publicacións

luns, 10 de xuño de 2013

Miliario

MARCO DAS ANTAS
Miliario da Vía Nova atopado nunha finca en Couso da Limia. Crese que a súa situación orixinal era a milla 68 dende o punto de partida, Braccara Augusta.
É o único do N.O peninsular adicado a Treboniano e Volusiano -emperadores do 251 ó 253 d.C.

IMP.CAES.C.VIBIO.TREBONIA
NO.GALLO.PIO.INVICTO.AVG
TR.POT.COSII.PROCOS.ET.IMP
CAES.C.VIBIO.VELDVMIANO
VOLVSIANO.AVG.PONT
MAX.TR.POT.COSII
(Reconstrución feita por J.C. Rivas Fernández en 1974)

ADICADO Ó EMPERADOR CÉSAR CAIO VIBIO TREBONIANO GALO PÍO INVICTO AUGUSTO, CON AUTORIDADE DE TRIBUNO, CÓNSUL POR SEGUNDA VEZ, PROCÓNSUL; E Ó EMPERADOR CÉSAR CAIO VIBIO VELDUMIANO VOLUSIANO AUGUSTO, PONTÍFICE MÁXIMO, CON AUTORIDADE DE TRIBUNO, CÓNSUL POR SEGUNDA VEZ.

martes, 16 de abril de 2013

Invictus

Agardo as vosas opinións sobre Invictus, el correo del César
Ademais da opinión persoal, valoraranse os comentarios sobre:

  • Referencias históricas
  • Ambientación
  • Anacronismos
  • ..........


domingo, 9 de outubro de 2011

AVE, LATINANTIOQUIANOS 2011-2012


Tarde pero aquí estamos de novo. Aínda que comezamos o curso cos folgos moi baixos, como a ave fénix, rexurdimos e agardamos voar alto este curso.
Somos aínda menos que outros anos, xa que as miñas ocupacións administrativas fan que só me ocupe de 2º de Bacharelato e 4º da ESO. Con bacharelato foi un reencontro -grato, sen dúbida-; en 4º, estamos en fase de coñecemento mutuo; pola miña parte, de momento, a impresión é moi boa.
Como digo, non estou en forma, non preparei enigmas nin actividades novas e polo momento tiraremos de fondo de armario -que despois de tantos anos, vai sendo amplo-. Iso si, estou aberta ás vosas propostas e sobre todo á vosa transmisión de enerxía para, como dicía ó principio, retomar o vo.

Como primeira actividade propóñovos averiguar por que fixemos esta foto a carón desa pedra; que ten que ver co latín? Por certo, a foto forma parte da terapia de renacemento ave-fénix á que me estou sometendo; un saúdo para os que nela aparecen e que xa voaron alto, lonxe, fulgurantes....(falta algún que ese día voara fóra do niño)
Valete.