Visualizacións de páxina totais

Amosando publicacións coa etiqueta Odisea. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Odisea. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de xaneiro de 2023

Odisea 2023

 


O alumnado de Latín e Grego invadirá esta semana a  biblioteca do centro na procura do camiño correcto para chegar a bo porto! O concurso Odisea escudriñará as augas no mundo clásico e os Ulises e Penélopes tratarán de atinar co seu sentido na diana das respostas correctas! Sorte!







Poema Odiseico

Desde o teu instituto, desde a túa casa, ven, ti que amas o legado clásico, aquí

ao concurso Odisea, que un bo ramallete de cuestións hai

de mitoloxía, de literatura, de historia, e os computadores botan fume

xa nas aulas de informática;

soa fresca a auga a través das preguntas

e os dedos teclean xa as respostas,

e unha profunda investigación dará lugar

a palabras clave;

deuses ríos, ninfas dos estanques, fontes, acueductos, 

océanos de profundas correntes, gotas de sabedoría…

Ven, estudante, esteas onde esteas, 

ti que navegas a través da rede

pescarás éxitos nas augas, 

á vez axitadas e tranquilas,

doces e saladas,

de Grecia e Roma. 

                                                              

                                                                        Decadracma de plata de Aretusa,

                                                                                                                                    acuñado en Siracusa, Sicilia  (405-400 a. C.)


xoves, 2 de febreiro de 2017

Concurso Odisea

Preparámonos para a Odisea deste ano!

Parabéns, unha vez máis, á organización por nos levar por eses mares en busca do coñecemento!.


Aquí temos o enlace ó concurso.



O tema deste ano é a política en Grecia e Roma. A continuación o texto que nos presenta e argumenta a escolla:

"Personaxes da Antigüidade simbolizaron a loita pola liberdade, a defensa dos valores cívicos, pero tamén a traizón, a ambición desmedida, a corrupción ou a violencia máis cruel. Revoltas populares, políticos corruptos, personaxes que medran custe o que custe mentres outros desempeñan os seus cargos con responsabilidade e honestidade, ideais democráticos nunha sociedade con profundas desigualdades, ... Un percorrido pola política na Antigüidade pode ser o espello no que miramos o noso presente máis actual. Sen dúbida, a política é un dos legados máis profundos que nos deixou o mundo grecolatino, con todos os seus matices bos e malos, de maneira que na actualidade aínda discutimos sobre como debe organizarse a sociedade, como entender a democracia, quen ten dereito a ser cidadán ... ou cidadá. Palabras como aristocracia, democracia, república, cónsul, senado, oligarquía ou demagoxia, forman parte da nosa cultura herdada de gregos e romanos, pero, significan agora o mesmo que entón? Atrevédesvos a investigar como era o mundo da política en Grecia e Roma?  "


mércores, 3 de febreiro de 2016

luns, 1 de febreiro de 2016

Odisea 2016




Comeza hoxe unha nova edición do noso concurso favorito. Sorte, participantes e bo camiño!

martes, 10 de marzo de 2015

O premio!

Onte, no auditorio, un gran día de teatro. Ademais déronlle o premio a Tania, Sarah e Jésica. Parabéns, de novo.

mércores, 4 de febreiro de 2015

Chegamos a bo porto!

As Fafochas, Jésica, Sarah Magdalena e Tania, a pesares de non ter escollido un nome clásico, acadaron a 3ª posición -entre 268 equipos- no concurso Odisea 2015!
Parabéns polo seu traballo, dedicación, constancia....!
Parabéns tamén á organización por todo o traballo que un ano máis levaron a cabo. Grazas!

Clasificación dos Grupos que participaron no desempate

OrdeNome do GrupoNome do CentroLocalidadeTempo empregado no desempatePuntuación Total
VICKY EL VIKINGO Y SUS AMIGOS LOS BARBARITOS.2.0IES "SALVADOR DE MADARIAGA"A CORUÑA2 horas, 56 minutos e 29 segundos93
PRÉSTASMEIES DIONISIO GAMALLO DE RIBADEORIBADEO2 horas, 53 minutos e 16 segundos91
FAFOCHAI.E.S. CIDADE DE ANTIOQUÍAXINZO DE LIMIA2 horas, 30 minutos e 21 segundos89
BADIUSIES MAXIMINO ROMERO DE LEMABAIO-ZAS A CORUÑA2 horas, 55 minutos e 1 segundos89
HELENAS DE AMESIES AMESBERTAMIRANS-AMES2 horas, 56 minutos e 43 segundos89
BENE UTERE!COLEXIO PLURILINGÜE LA SALLESANTIAGO DE COMPOSTELA2 horas, 57 minutos e 23 segundos89
ALBUM ET NIGRUMIES VAL DO ASMACHANTADA2 horas, 59 minutos e 5 segundos89
AS DISCÍPULAS DE ATENEAIES DE MELIDEMELIDE2 horas, 55 minutos e 59 segundos87
SIN SUSTANCIAIES AS MARIÑASBETANZOS2 horas, 56 minutos e 31 segundos87
10ºTHE COVENIES EDUARDO PONDALSANTIAGO DE COMPOSTELA2 horas, 59 minutos e 43 segundos87

domingo, 1 de febreiro de 2015

Finalizou a primeira fase do concurso e o grupo Fafochas do noso centro acadou o primeiro posto ex aequo con outros grupos, todos eles con 77 puntos, polo que é preciso un novo preguntón que dará o resultado definitivo. Parabéns a Tania, Jésica e Sarah Magdalena! Tamén os demais grupos que o fixeron de maravilla!

domingo, 25 de xaneiro de 2015

Odisea 2015. Comeza a singradura

Os nosos representantes

Carmen, Miguel, Tania, Jésica, Sarah e Francisco, alumnado de 1º de bacharelato.
Manuel Ángel, Caroline, Judit, Raquel, Lidia e Jésica, alumnado de 4º de ESO

Χαίρετε, ναῦται. VALETE, NAUTAE!

Hoxe comeza a vosa singradura. Sen que teñades que descender ao Hades para consultar a Tiresias podémosvos adiantar algúns consellos.
Durante tres días o apacible Euro guiaravos por augas en calma. Gozade, sen abafos de tempo, coas preguntas que se vos propoñan e asegurade as respostas, pero,  coidado! FESTINATE LENTE, σπεύδετε βράδεως!
O xoves verédesvos azoutados por Bóreas implacable e teredes que afrontar terribles momentos de desfalecemento ante as esquivas pistas do "preguntón" que, semellantes a Escila e Caribdis, axitarán o vinoso ponto para que se decanten os mellores. Sede prudentes como o paciente Odiseo, CAVETE, προσέχετε σαυτοῖς!
Os organizadores e organizadoras deste concurso desexámosvos moito éxito:
ἀγαθῇ τύχῃ, FORTUNAM SECUNDAM VOBIS!

xoves, 8 de xaneiro de 2015

Odisea 2015


Bases e o calendario do concurso

Animádevos a participar: organizade os grupos, pensade un nome orixinal e ide pensando que sabedes do tema sobre o que tratará este ano:  O AMOR EN GRECIA E ROMA. A continuación recollo uns parágrafos das bases do concurso que nos introducen na materia:

"O amor únenos e sepáranos, alégranos e entristecenos, móvenos e paralízanos. Dende o principio dos tempos, foi o tema predilecto dos poetas que ensalzaban as virtudes do ser amado e choraban pola súa perda. Non faltou quen intentou darnos leccións de como conseguir o amor e sobrevivir á súa perda, quen inmortalizara aventuras amorosas de terrible final, quen, mesmo, fuxindo dun amor non desexado, abandonara a súa forma humana para converterse en árbore.
A historia e literatura de Grecia e Roma están atestadas de parellas famosas que todos coñecemos, como Pericles e Aspasia, Helena e Paris, Adriano e Antínoo, Zeus e ... En fin, parellas diversas que nos inspiran, conmoven e divirten. Tamén a nave de Odisea, namorada da Antigüidade clásica, quere render unha homenaxe a esa forza que todo o vence, tan necesaria nestes tempos convulsos. Por iso, nesta edición, o Amor será o tema do noso concurso. Serán os participantes de Odisea 2015 tan tenaces buscando respostas, como Catulo pedindo bicos?  "
A nosa nave xa correu innúmeras aventuras na navegación polo proceloso mar dos centros de toda Galicia e, unha vez máis, nesta décima singladura, ansiamos chegar á nosa illa sans e salvos e tamén máis sabios. Deixemos aos nosos alumnos e alumnas que se enfronten como modernos heroes ás preguntas e desfruten da satisfacción das respostas encontradas co seu esforzo, que cheguen sós a Ítaca e culminen a súa viaxe sen consultar ao oráculo máis que o estrictamente necesario.


venres, 15 de febreiro de 2013

Odisea 2013

Resultados mellorables nesta edición do concurso. Os preparativos do longo Entroido limián e as xornadas de folga serviron de disculpa para a vagancia dalgúns que esgotaron os esforzos coa pescuda de nome para o grupo.
Porén, parabéns para o grupo ABRIL, o mellor clasificado do noso centro, sendo debutantes no concurso e ademais as máis noviñas -3º de ESO-. Seguro que o ano que ven triunfan. De momento teñen un agasallo en forma de plus na nota do segundo trimestre.

luns, 4 de febreiro de 2013

Odisea 2013

Se tedes algún problema grave co concurso -non relacionado coa resolución de preguntas-, poñédeo aquí como comentario.
Sorte, navegantes!

xoves, 10 de xaneiro de 2013

Odisea 2013

Preparámonos para unha nova Odisea. Sorte a todos os grupos!Por se queredes ir practicando, aquí tedes as preguntas de anos anteriores.
Algúns enlaces con información interesante:

  1. En Grecia
  2. En Roma

xoves, 3 de febreiro de 2011

Moi importante!

Efectivamente hai problemas coa rede. Non é culpa vosa. Copio aquí o correo que ven de enviar a organización:
Detectamos xa dende esta mañá unha serie de problemas ao enviar as respostas do preguntón. Levamos todo o día traballando niso.

Recordade que nas bases está disposto que en caso de problema informático se manden as respostas por correo-e a: secretaria@seecgalicia.org

Esperamos telo solucionado canto antes.

É dicir, debedes enviar as respostas á dirección indicada. Se tedes algunha dúbida co procedemento, avisádeme.
Sorte!

Odisea 2011. Problemas coa rede

Gustaríame saber se solucionástedes os problemas que tiveste no envío das respostas do preguntón. A todos os grupos vos pasou o mesmo? De ser así, trataríase dun problema alleo a vós. Decídemo para que eu contacte coa organización.
Sorte