Visualizacións de páxina totais

mércores, 29 de setembro de 2021

Erupcións volcánicas

 Non todas son iguais. 

Neste artigo podedes ver os principais tipos, con alusión á descrita por Plinio



domingo, 26 de setembro de 2021

El odio de Vulcano. Outro enigma

Vulcano deus do lume, atribuíanlle os romanos a erupción dos volcáns.

Velázquez representouno nesta obra. Podes identificar os personaxes? Que lles está contando o que leva a coroa de loureiro?



domingo, 19 de setembro de 2021

Pompeo, Pompeo. Enigma

 Comezamos cun enigma faciliño.

O IES Ramón Otero Pedraio ten anexo un pavillón de deportes, o Pompeo. Pregunta: como se chamaba a esposa (morta ó parir un fillo que tamén morreu ó pouco de nacer) do político romano de igual nome que o director do instituto que deu nome ó Pompeo?

pm_2011_04
Vidro gravado aparecido no solar do Pompeo. Fonte: M.A.P.O

martes, 14 de setembro de 2021

Cantos anos ten Ourense?

Piscinas de orixe romana. As Burgas (foto propia.


Con esta pregunta iniciaba José María Eguileta, arqueólogo municipal, os seus "Diarios do pasado", nun xornal ourensán. Así iniciamos nós o noso proxecto de descubrir as orixes da nosa cidade.

Neste enlace, iremos lendo petiscos desta historia, fabricados a partir dos máis recentes vestixios e estudos de especialistas.


Mudamos de entorno

 Comezamos unha nova etapa no I.E.S. Ramón Otero Pedrayo de Ourense.

O contexto non pode ser máis romano. Debaixo deste edificio do S.XIX, hai vestixios das orixes romanas de Ourense. Algúns xa saíron á luz e agóchanse de momento nos fondos do M.Arqueolóxico, aínda en obras. Outros agardan que unhas novas obras lles dean nova vida.

Mentres ambas cousas se produzan (apertura do museo, novas catas arqueolóxicas), trataremos de recopilar a información que os expertos tiraron das fontes existentes.

Que o camiño que comezamos hoxe sexa andamoso e proveitoso para todas as persoas que me acompañen!


Casas de época romana. As Burgas (foto propia.