Visualizacións de páxina totais

luns, 13 de decembro de 2010

Concurso-Maratón Cultura Clásica

Aquí tedes a información sobre este novo concurso a nivel nacional. Animádevos a participar!

Notas 4º ESO

Alicia....6
Julen....8´25
Melisa...8
Francisco...8
Marta....6
Estela ....4´25
Estela V......6

xoves, 9 de decembro de 2010

Exame 2º bach.

Dadas as circunstancias excepcionais, froito de neve + ponte, o exame de mañá poderase manter ou aprazar para un día da semana que ven -nunca o mércores-, según cadaquén decida. Tamén se poden facer os dous e só contar unha das dúas notas.
Parécevos ben? Máis facilidades .....

mércores, 8 de decembro de 2010

Pompeia

Agora que xa sabemos que pasou en Pompeia hai case 2000 anos, seremos máis sensibles a esta preocupante nova.

sábado, 4 de decembro de 2010

Buzón de dúbidas

Deixade aquí todas as consultas que teñades para esta ponte adicada ó estudo intenso. Co frío que vai fóra, como para andar por aí facendo outras cousas!

luns, 29 de novembro de 2010

Unha de broma (con algo serio), e un enigma.

Aquí vos deixo a versión de Les Luthiers da historia dun tal Iugurtu (nome que nos recorda a aquel Iugurta, rei de Numidia que fixo a guerra ós romanos).Tamén podedes botar un ollo á verdadeira historia de Iugurta , menos divertida que a de Iugurtu pero chea de aventuras e desventuras. Por certo, que outro rei que se enfrontou a Roma tivo un final similar a Iugurta? (Ten premio)

Agora si, corrixido, Para reforzar as nosas conviccións

Un artigo interesante para responder a esa pregunta que estaredes fartos e fartas de escoitar: e para que sirven as Humanidades?
Por certo, Martha Nussbaum (a quen se cita no artigo) ten un libro que me encantou sobre a traxedia grega (La fragilidad del bien: fortuna y ética en la tragedia y la filosofía griega [traducción de Antonio Ballesteros] Madrid: Visor, 1995).

martes, 2 de novembro de 2010

A voltas coa morte

Falamos de estelas funerarias romanas: aquí vos queda esta, atopada preto da nosa zona. Buscade nela algunha das fórmulas que estudiamos

venres, 22 de outubro de 2010

xoves, 21 de outubro de 2010

martes, 19 de outubro de 2010

O xenitivo

Aquí podedes ampliar a información sobre o xenitivo -particularmente o partitivo que nos saíu o venres-.

mércores, 29 de setembro de 2010

A casa romana

Aquí podedes ver un exemplo de domus.
Outra recreación da domus

O prometido ...


Recordades o que significan esas letras?
E os demais símbolos?

Primeiro traballiño: Sabedes que é esto? Contádeme aquí a súa historia e teredes un agasallo en forma de +.

Ave, latini do IES cidade de Antioquía

Comezamos este curso con esta ferramenta que nos axudará a percorrer o mundo romano con máis emoción e máis colorido ca o libro de texto.
Aquí irei poñendo enlaces, informacións complementarias, novas de interés e todo aquelo que chegue ás miñas mans e que vos poida servir para achegarvos máis ó mundo romano.
Por suposto, tamén vós poderedes aportar o que queirades para enriquecer este pequeno baúl de recursos.
Por último, é unha boa forma de estarmos en contacto unha vez que remata o horario de clase. Xa sei, algúns e algunhas pensaredes:"Como se non nos chegasen as 8 horas semanais!
En fin, permitídeme despedirme en grego -é a miña debilidade- καλό ταξίδι, παιδιά