Comezamos este curso con esta ferramenta que nos axudará a percorrer o mundo romano con máis emoción e máis colorido ca o libro de texto.
Aquí irei poñendo enlaces, informacións complementarias, novas de interés e todo aquelo que chegue ás miñas mans e que vos poida servir para achegarvos máis ó mundo romano.
Por suposto, tamén vós poderedes aportar o que queirades para enriquecer este pequeno baúl de recursos.
Por último, é unha boa forma de estarmos en contacto unha vez que remata o horario de clase. Xa sei, algúns e algunhas pensaredes:"Como se non nos chegasen as 8 horas semanais!
En fin, permitídeme despedirme en grego -é a miña debilidade- καλό ταξίδι, παιδιά
Ningún comentario:
Publicar un comentario