Coas últimas calores deste outono fixen unha excursión familiar por este lugar tan fermoso. A súa beleza ten bastante que ver cun feito que hoxe poderiamos calificar de desfeita medioambiental e humana: os romanos non se detiñan se para acadar os seus obxectivos tiñan que desfacer uns cantos montes a base do traballo de moita xentiña que morreu tanto polos accidentes que se terían producido como pola insalubridade do traballo. Por suposto, eran outros tempos, outros contextos.
Agora tócavos a vós descubrir -como moi ben fixestes dous de vós no anterior enigma- onde están estes lugares misteriosos e por que os romanos o deixaron así de roto.
Valete.