Visualizacións de páxina totais

Amosando publicacións coa etiqueta latinismos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta latinismos. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de setembro de 2019

Tertium aenigma



Na páxina da esquerda deste xornal do venres pasado, hai un LATINISMO. Que significa?

sábado, 4 de marzo de 2017

Para repasar os latinismos

http://www.revistavanityfair.es/actualidad/articulos/diccionario-de-expresiones-en-latin-y-su-significado/23615

venres, 20 de maio de 2016

Sui generis

Estupendo exemplo de uso deste latinismo:

Un soldado disciplinado y leal, que acude donde le mandan, y un militar sui generis: “Pacifista y antimilitarista”. Con ese audaz discurso se presentó este martes en Almería el exjefe del Estado Mayor de la Defensa (JEMAD) y candidato de Podemos, Julio Rodríguez, cabeza de lista de la coalición Unidos Podemos por esa provincia para las elecciones del 26 de junio

(El País, 18 de maio de 2016)

Latinismos con enigma

Vai rematando o curso. Propóñovos resolver este enigma e de paso ler un artigo sobre un tema que vos afecta: o botellón.

Debedes

  1. Atopar un latinismo, explicar o seu uso no texto
  2. Sustituír algunha expresión do texto por outro latinismo

xoves, 26 de febreiro de 2015

A word A Day. Enigma e algo máis para dous días de folga.

Esta é unha interesantísima web que cada día dá a coñecer unha palabra en inglés. Semanalmente escollen un tema e seleccionan cinco palabras vinculadas -o nexo pode ser o significado, a orixe, a estrutura...-.
Dende que son seguidora desta experiencia, non deixa de soprenderme a cantidade de vocabulario inglés de orixe latína ou grega.
Esta semana o tema escollido é ben coñecido por o alumnado de latín: Latin terms in english. 
Xunto co significado do vocábulo ou frase, vén recollida a súa pronuncia, a súa explicación etimolóxica e algún exemplo de uso.
Agora vén o enigma: Cal é a orixe do termo ampersand?

luns, 23 de febreiro de 2015

Enigma

Que polémica xurdiu despois de que o lema do 14º estado dos EEUU engadise unha frase en latín? Explicade o significado do lema.
vermont

domingo, 6 de outubro de 2013

Carmen, carminis

Carmina Burana: colección de cantos que datan dos S.XII e XIII e que foron atopados nun manuscrito da  abadía de Bura Sancti Benedicti (Benediktbeuern), en Baviera, Alemania.
Carl Orff tomou algúns dos textos dos Carmina Burana para compor unha obra coral co mesmo nome en 1937 cuxo fragmento máis coñecido é o O Fortuna que constitúe a primeira parte do preludio.

luns, 24 de setembro de 2012

O PRIMEIRO ENIGMA DO CURSO, faciliño

Este verán fíxose moi famosa unha pintura coñecida como ECCE HOMO de Borja.
Ecce homo , "velaí o home", é un latinismo que se utiliza para presentar a alguén a quen se buscaba ou para referirse a unha persoa ferida ou de aspecto penoso. Realmente procede da imaxe de Xesucristo cando Poncio Pilatos o presentou ó pobo, coroado de espiñas, despois de sometelo a distintos suplicios (Xan, 19,5).
Por que se coñece a esa pintura agora tan famosa con este latinismo? A partir de cal dos significados do latinismo tomou o nome?

martes, 12 de abril de 2011

Impresionante!

Vendo isto seguro que entendedes o significado de Horror vacui .
(Iago, sempre atento, localizouno)

luns, 4 de abril de 2011

Outra de latinismos

Macedonia de latinismos a ritmo un pouco heavy. Absterse de velo menores -algunhas imaxes poden ferir sensibilidades-.
E por se vos queda dúbidas do que di, aquí tedes a letra.

venres, 1 de abril de 2011

Latinismos

Aquí podedes ver exemplos do uso dos latinismos en prensa. Un gran traballo de recopilación que lle agradecemos a Paullatim Gallaecia.

luns, 28 de marzo de 2011