Visualizacións de páxina totais

xoves, 26 de febreiro de 2015

A word A Day. Enigma e algo máis para dous días de folga.

Esta é unha interesantísima web que cada día dá a coñecer unha palabra en inglés. Semanalmente escollen un tema e seleccionan cinco palabras vinculadas -o nexo pode ser o significado, a orixe, a estrutura...-.
Dende que son seguidora desta experiencia, non deixa de soprenderme a cantidade de vocabulario inglés de orixe latína ou grega.
Esta semana o tema escollido é ben coñecido por o alumnado de latín: Latin terms in english. 
Xunto co significado do vocábulo ou frase, vén recollida a súa pronuncia, a súa explicación etimolóxica e algún exemplo de uso.
Agora vén o enigma: Cal é a orixe do termo ampersand?

1 comentario:

  1. MANUEL ÁNGEL: O termo ampersand proven da unión de and(do inglés "e") + per se (locución latina que significa por sí mesmo, pola súa propia natureza) + and (do inglés "e") é dicir: "e por si mesmo e".
    Por outra banda o símbolo do ampersand "&" foi desarrollado por Marco Tulio Tirón, secretario do gran orador romano Cicerón, no antigo Imperio Romano e considérase unha versión comprimida do "et" latino.

    ResponderEliminar