Visualizacións de páxina totais

martes, 15 de decembro de 2015

xoves, 3 de decembro de 2015

sábado, 21 de novembro de 2015

martes, 17 de novembro de 2015

sábado, 7 de novembro de 2015

Para rematar coa morte

Estela funeraria dunha muller. Museo Británico
Neste blog podedes ver info complementaria.

martes, 27 de outubro de 2015

A word a day. Enigma

Unha palabra ó día.
As palabras desta semana van encadeándose entre si. Poderías explicar o significado etimolóxico das dúas primeiras?

luns, 12 de outubro de 2015

Bo curso!

Comezamos cun pouco de retraso o novo curso en Latinantioquia, máis con  folgos renovados.
Na biblioteca do insti, tivemos estes días unha fermosa exposición que nos deixou un sabor de boca un pouco amargo por a dor que supuña ver os estragos dos incendios nos habitantes da Serra do Larouco.
Nesta exposición aparecían os nomes científicos de animais e plantas.
Dispoñémonos a dar luz a eses nomes "raros" que aparecen ó lado dos nomes comúns. De momento propóñovos catro enigmas:


  1. Busca un animal e unha pranta na que o nome científico teña que ver coa cor
  2. Busca dúas prantas nas que o nome científico teña relación coas súas follas
  3. Atopa un nome mitolóxico nun nome científico
  4. Que animaliño dos que aparecen nas fotografías recibe o seu nome científico da súa suposta afición ós figos?
E por se vos parece pouco, poderiades dicir o nome dalgún dos científicos que bautizaron estes animais ou prantas?


domingo, 10 de maio de 2015

Problemas de vivenda en Roma

Non é esta unha nova dos nosos días. Conceptos como "especulación", "negocio inmobiliario", "corrupción", "presión sobre o solo urbano", aparecen neste artigo centrado nas insulae

Restos orgánicos en Pompeia

Unha nova exposición sobre Pompeia terá lugar nesta ocasión en Milán e estará centrada na vida cotiá.
Neste artigo dun xornal, podemos ver imaxes de restos orgánicos conservados, especialmente restos de comida.
Como todo o relacionado con Pompeia, ESTREMECEDOR!
{}

A carreira de carros de Ben-Hur


domingo, 3 de maio de 2015

As Médulas e as canles.

Preparamos a última visita do curso.
Coma sempre, precisamos coñecer a distancia o que imos ver.
A wikipedia ofrécenos info.suficiente para iniciar esta andaina. Dado que hai un erro nun enlace -envíanos a unha páxina xaponesa-, aproveitaremos para editar o artigo da galipedia.
Tamén nos achegaremos á páxina oficial da aula de interpretación.
E un bo resumo neste video cortiño:

En canto ás canles, temos un estupendo video

xoves, 23 de abril de 2015

A casa do Mitreo

Interesante presentación dunha domus a partires das imaxes dos restos da domus do Mitreo en Emerita Augusta.

Aquí, info sobre unha casa recentemente excavada en Lucus

venres, 10 de abril de 2015

Miliarios

O número de miliarios localizados na provincia de Ourense medra cada ano. A prensa ofrécenos unhas interesantes fotografías da reutilización variada destas pedras. Aquí tedes o enlace á edición dixital de La Región. Na edición en papel hai máis fotos.
Miliario convertido en machón de la rústica puerta de acceso a una finca de Cadaval.

Enigma. Pegadas clásicas no Castelo de Almuñécar.

Miriam Rodríguez Avilés, tróuxonos estas fotografías das súas vacacións de Semana Santa. Axudádeme a compoñer o pé de foto. Que representan estas dúas imaxes?

Civitas limicorum. Enigma

Como xa temos comentado, baixo o Xinzo actual hai un tesouro agochado que sae á superficie cada vez que se fan obras. Cómpre sabelo e darlle o valor que ten.
Hoxe, a prensa recolle un novo achádego; de momento so son unhas pedras que indican a importancia do que está por descubrir.
Este enigma é máis ben un encargo. Facede unha fotografía dos restos atopados e colocarémola nesta entrada. Hai agasallo.

martes, 24 de marzo de 2015

Literatura e lecturas do 3º trimestre

Aquí tedes os poemas de Catulo que debedes ler.
Nestoutro enlace tedes unha guía de lectura deses poemas.
O tema Lírica. Horacio podédelo descargar aquí. 

martes, 10 de marzo de 2015

O premio!

Onte, no auditorio, un gran día de teatro. Ademais déronlle o premio a Tania, Sarah e Jésica. Parabéns, de novo.

Vías romanas. Enigma

Unha axuda para preparar o concurso.
Un enigma: onde se atoparon estes miliarios?  Pista: pódense ver no Museo Arqueolóxico de Ourense, no edificio que está pechado ó público. Como se poden ver, logo? Nunha cristaleira que hai nun lateral do edificio.



xoves, 26 de febreiro de 2015

A word A Day. Enigma e algo máis para dous días de folga.

Esta é unha interesantísima web que cada día dá a coñecer unha palabra en inglés. Semanalmente escollen un tema e seleccionan cinco palabras vinculadas -o nexo pode ser o significado, a orixe, a estrutura...-.
Dende que son seguidora desta experiencia, non deixa de soprenderme a cantidade de vocabulario inglés de orixe latína ou grega.
Esta semana o tema escollido é ben coñecido por o alumnado de latín: Latin terms in english. 
Xunto co significado do vocábulo ou frase, vén recollida a súa pronuncia, a súa explicación etimolóxica e algún exemplo de uso.
Agora vén o enigma: Cal é a orixe do termo ampersand?

luns, 23 de febreiro de 2015

Enigma

Que polémica xurdiu despois de que o lema do 14º estado dos EEUU engadise unha frase en latín? Explicade o significado do lema.
vermont

xoves, 12 de febreiro de 2015

mércores, 4 de febreiro de 2015

Chegamos a bo porto!

As Fafochas, Jésica, Sarah Magdalena e Tania, a pesares de non ter escollido un nome clásico, acadaron a 3ª posición -entre 268 equipos- no concurso Odisea 2015!
Parabéns polo seu traballo, dedicación, constancia....!
Parabéns tamén á organización por todo o traballo que un ano máis levaron a cabo. Grazas!

Clasificación dos Grupos que participaron no desempate

OrdeNome do GrupoNome do CentroLocalidadeTempo empregado no desempatePuntuación Total
VICKY EL VIKINGO Y SUS AMIGOS LOS BARBARITOS.2.0IES "SALVADOR DE MADARIAGA"A CORUÑA2 horas, 56 minutos e 29 segundos93
PRÉSTASMEIES DIONISIO GAMALLO DE RIBADEORIBADEO2 horas, 53 minutos e 16 segundos91
FAFOCHAI.E.S. CIDADE DE ANTIOQUÍAXINZO DE LIMIA2 horas, 30 minutos e 21 segundos89
BADIUSIES MAXIMINO ROMERO DE LEMABAIO-ZAS A CORUÑA2 horas, 55 minutos e 1 segundos89
HELENAS DE AMESIES AMESBERTAMIRANS-AMES2 horas, 56 minutos e 43 segundos89
BENE UTERE!COLEXIO PLURILINGÜE LA SALLESANTIAGO DE COMPOSTELA2 horas, 57 minutos e 23 segundos89
ALBUM ET NIGRUMIES VAL DO ASMACHANTADA2 horas, 59 minutos e 5 segundos89
AS DISCÍPULAS DE ATENEAIES DE MELIDEMELIDE2 horas, 55 minutos e 59 segundos87
SIN SUSTANCIAIES AS MARIÑASBETANZOS2 horas, 56 minutos e 31 segundos87
10ºTHE COVENIES EDUARDO PONDALSANTIAGO DE COMPOSTELA2 horas, 59 minutos e 43 segundos87

domingo, 1 de febreiro de 2015

Finalizou a primeira fase do concurso e o grupo Fafochas do noso centro acadou o primeiro posto ex aequo con outros grupos, todos eles con 77 puntos, polo que é preciso un novo preguntón que dará o resultado definitivo. Parabéns a Tania, Jésica e Sarah Magdalena! Tamén os demais grupos que o fixeron de maravilla!

domingo, 25 de xaneiro de 2015

Odisea 2015. Comeza a singradura

Os nosos representantes

Carmen, Miguel, Tania, Jésica, Sarah e Francisco, alumnado de 1º de bacharelato.
Manuel Ángel, Caroline, Judit, Raquel, Lidia e Jésica, alumnado de 4º de ESO

Χαίρετε, ναῦται. VALETE, NAUTAE!

Hoxe comeza a vosa singradura. Sen que teñades que descender ao Hades para consultar a Tiresias podémosvos adiantar algúns consellos.
Durante tres días o apacible Euro guiaravos por augas en calma. Gozade, sen abafos de tempo, coas preguntas que se vos propoñan e asegurade as respostas, pero,  coidado! FESTINATE LENTE, σπεύδετε βράδεως!
O xoves verédesvos azoutados por Bóreas implacable e teredes que afrontar terribles momentos de desfalecemento ante as esquivas pistas do "preguntón" que, semellantes a Escila e Caribdis, axitarán o vinoso ponto para que se decanten os mellores. Sede prudentes como o paciente Odiseo, CAVETE, προσέχετε σαυτοῖς!
Os organizadores e organizadoras deste concurso desexámosvos moito éxito:
ἀγαθῇ τύχῃ, FORTUNAM SECUNDAM VOBIS!

domingo, 18 de xaneiro de 2015

Tres poetas latinos do amor

Catulo, Propercio, Tibulo.
A semana próxima emprendemos unha Odisea que nos fará percorrer as penas, alegrías, placeres e sinsabores que nas relacións amorosas sentiron os poetas latinos e gregos. Por iso é bo ilos coñecendo.
Boa viaxe.
Neste enlace podedes ver as normas do xogo da Vía Nova. Non temos o taboleiro, pero imaxinádeo similar ó da oca.

xoves, 8 de xaneiro de 2015

Odisea 2015


Bases e o calendario do concurso

Animádevos a participar: organizade os grupos, pensade un nome orixinal e ide pensando que sabedes do tema sobre o que tratará este ano:  O AMOR EN GRECIA E ROMA. A continuación recollo uns parágrafos das bases do concurso que nos introducen na materia:

"O amor únenos e sepáranos, alégranos e entristecenos, móvenos e paralízanos. Dende o principio dos tempos, foi o tema predilecto dos poetas que ensalzaban as virtudes do ser amado e choraban pola súa perda. Non faltou quen intentou darnos leccións de como conseguir o amor e sobrevivir á súa perda, quen inmortalizara aventuras amorosas de terrible final, quen, mesmo, fuxindo dun amor non desexado, abandonara a súa forma humana para converterse en árbore.
A historia e literatura de Grecia e Roma están atestadas de parellas famosas que todos coñecemos, como Pericles e Aspasia, Helena e Paris, Adriano e Antínoo, Zeus e ... En fin, parellas diversas que nos inspiran, conmoven e divirten. Tamén a nave de Odisea, namorada da Antigüidade clásica, quere render unha homenaxe a esa forza que todo o vence, tan necesaria nestes tempos convulsos. Por iso, nesta edición, o Amor será o tema do noso concurso. Serán os participantes de Odisea 2015 tan tenaces buscando respostas, como Catulo pedindo bicos?  "
A nosa nave xa correu innúmeras aventuras na navegación polo proceloso mar dos centros de toda Galicia e, unha vez máis, nesta décima singladura, ansiamos chegar á nosa illa sans e salvos e tamén máis sabios. Deixemos aos nosos alumnos e alumnas que se enfronten como modernos heroes ás preguntas e desfruten da satisfacción das respostas encontradas co seu esforzo, que cheguen sós a Ítaca e culminen a súa viaxe sen consultar ao oráculo máis que o estrictamente necesario.