Comezamos cun pouco de retraso o novo curso en Latinantioquia, máis con folgos renovados.
Na biblioteca do insti, tivemos estes días unha fermosa exposición que nos deixou un sabor de boca un pouco amargo por a dor que supuña ver os estragos dos incendios nos habitantes da Serra do Larouco.
Nesta exposición aparecían os nomes científicos de animais e plantas.
Dispoñémonos a dar luz a eses nomes "raros" que aparecen ó lado dos nomes comúns. De momento propóñovos catro enigmas:

- Busca un animal e unha pranta na que o nome científico teña que ver coa cor
- Busca dúas prantas nas que o nome científico teña relación coas súas follas
- Atopa un nome mitolóxico nun nome científico
- Que animaliño dos que aparecen nas fotografías recibe o seu nome científico da súa suposta afición ós figos?
E por se vos parece pouco, poderiades dicir o nome dalgún dos científicos que bautizaron estes animais ou prantas?
Ningún comentario:
Publicar un comentario