Visualizacións de páxina totais

domingo, 17 de decembro de 2017

IO, Saturnalia

Hoxe comezaban en Roma estas festas que, sen dúbida, están na base do Nadal cristiano.




Podedes buscar info sobre estas festas en entradas antigas deste blog coa etiqueta Saturnalia.

mércores, 13 de decembro de 2017

Tema para o exame

A parte de cultura e civilización correspondente ó próximo exame atópase no tema da República. Deberedes saber explicar os cambios políticos e sociais que se produciron tras a instauración da República. 

martes, 5 de decembro de 2017

1º Bacharelato. Latín

Boa noite. Síntoo, ata mañá non porei as notas.

A cambio un enigma moi faciliño: que caractarística capilar tiña aquela de cuxo sangue naceu o ser mitolóxico que dá nome a un helicóptero que anda a patrullar estes días para controlar o tráfico?

Está algo liada a formulación da pregunta, pero é MOI FÁCIL!
Ata mañá!

mércores, 22 de novembro de 2017

ENIGMA

Que latinismo aparece na nova do xornal La Voz de Galicia que trata sobre os últimos premios de novela Torrente Ballester, convocados pola Deputación de A Coruña?





Explica o significado do latinismo no SEU CONTEXTO

luns, 20 de novembro de 2017

Instrumentos musicales en Roma

Na última lectura en latín que fixemos en 4º, tiñamos dúbidas sobre algúns instrumentos musicales mencionados no texto.
Aquí podedes ver como era o sistrum, os crótalos, ou o scabillium.

sábado, 18 de novembro de 2017

Epitafios de animais. Enigma

Falamos na clase de que tamén os animais tiñan despedidas agarimosas por partes dos seus amos.
Casualmente topei con esta entrada dun fermoso blog, Los fuegos romanos de Vesta, na que se trata este tema.
O enigma é o seguinte: diminutivo de can, nun dos epitafios.

mércores, 1 de novembro de 2017

Estelas funerarias

Un novo enigma:

De quen era fillo o home que está soterrado no lugar onde se atopou a estela funeraria que podes ver aquí ? En que caso está o nome do pai? Que significa STTL?

Debes seguir estas instrucións para resolvelo:

  1. Observa  a estela funeraria.
  2. Busca a inscrición
  3. Busca a transcrición e a tradución da inscrición
  4. Fai a túa propia tradución deducindo os casos en que vai cada palabra.

luns, 25 de setembro de 2017

Semana europea das linguas


  1. Cantas linguas coñeces que se falen en Europa?
  2. Sabes clasificalas en familias?
  3. Cales son as que gardan máis relación co galego e o castelán tendo en conta a súa orixe?
Neste enlace temos información sobre as actividades relacionadas con esta celebración.



Semana Europea de las Lenguas

domingo, 24 de setembro de 2017

Sobre Rea Silvia



Xa sabemos quen son estes meniños. Xa sabemos por que son famosos. Agora ímonos informar sobre a súa nai, Rea Silvia.

xoves, 21 de setembro de 2017

Mosaico, tesela a tesela. Enigma

Abrimos a tempada de enigmas.


  1. Que representa este mosaico?
  2. Resume o proceso aquí descrito.
  3. Apareceu algún mosaico romano na Limia? Onde está hoxe?

xoves, 8 de xuño de 2017

Exame


Aquí podedes ver máis fotos da viaxe a Vigo
Quen queira mellorar a súa nota, o próximo martes, deberá facer unha presentación dunha das probas que tiñan lugar nos xogos gregos. 
Cal delas representa esta ánfora?

mércores, 10 de maio de 2017

venres, 21 de abril de 2017

Enigma: Máis romanos en Ourense!

A prensa fálanos hoxe dos recentes traballos arqueolóxicos en Tamagos, comarca de Monterrei -onde vivían os Tamagani mencionados no Padrón dos pobos de Chaves!-.
Trátase dun campamento romano temporal, no que poderían acampar entre 100 e 200 soldados.

La Región, 21/04/2017
Cuestións:

  1. Significado axeitado ó contexto de: prospección-teledetección-castellum-Aquis Querquennis
  2. Que outro pobo, coñecido por nós, aparece mencionado no Padrón dos pobos?
  3. Que diferencia hai entre un campamento permanente e un temporal? Pon un exemplo do primeiro na provincia de Ourense.
  4. Que tarefas terían encomendadas os soldados que vivían neste campamento?

sábado, 4 de marzo de 2017

Para repasar os latinismos

http://www.revistavanityfair.es/actualidad/articulos/diccionario-de-expresiones-en-latin-y-su-significado/23615

sábado, 11 de febreiro de 2017

En latín tamén se insultaban

E se non me credes, mirade aquí un bo catálogo de aldraxes. Cómpre dicir que moitos son "literarios" pero non por iso menos fortes.

xoves, 2 de febreiro de 2017

Concurso Odisea

Preparámonos para a Odisea deste ano!

Parabéns, unha vez máis, á organización por nos levar por eses mares en busca do coñecemento!.


Aquí temos o enlace ó concurso.



O tema deste ano é a política en Grecia e Roma. A continuación o texto que nos presenta e argumenta a escolla:

"Personaxes da Antigüidade simbolizaron a loita pola liberdade, a defensa dos valores cívicos, pero tamén a traizón, a ambición desmedida, a corrupción ou a violencia máis cruel. Revoltas populares, políticos corruptos, personaxes que medran custe o que custe mentres outros desempeñan os seus cargos con responsabilidade e honestidade, ideais democráticos nunha sociedade con profundas desigualdades, ... Un percorrido pola política na Antigüidade pode ser o espello no que miramos o noso presente máis actual. Sen dúbida, a política é un dos legados máis profundos que nos deixou o mundo grecolatino, con todos os seus matices bos e malos, de maneira que na actualidade aínda discutimos sobre como debe organizarse a sociedade, como entender a democracia, quen ten dereito a ser cidadán ... ou cidadá. Palabras como aristocracia, democracia, república, cónsul, senado, oligarquía ou demagoxia, forman parte da nosa cultura herdada de gregos e romanos, pero, significan agora o mesmo que entón? Atrevédesvos a investigar como era o mundo da política en Grecia e Roma?  "