Visualizacións de páxina totais

domingo, 22 de decembro de 2013

Sobre a estación en que naceu o Mesías. Enigma

Máis datos sobre as datas dos acontecementos que celebramos estes días.
Por que non debe ser certo que era inverno cando naceu Xesús de Nazaret?

luns, 16 de decembro de 2013

martes, 10 de decembro de 2013

A familia. Enigma

Interesante resumo resaltando similitudes e, sobre todo, diferenzas coa familia occidental hoxe.
Por que se lle puña na fronte FUG a un escravo?

sábado, 7 de decembro de 2013

xoves, 28 de novembro de 2013

xoves, 14 de novembro de 2013

A construción dunha ponte

Vexamos como se construía unha ponte como a que hoxe vimos na nosa viaxe ás orixes da cidade de Ourense.
Por certo, outro enigma: que dúas teorías sobre a orixe do topónimo Ourense mencionou o noso arqueólogo de cabeceira?

sábado, 9 de novembro de 2013

Grandes construcións romanas

Neste enlace podemos ver algunhas das grandes obras da enxeñería e arquitectura romanas, con imaxes do que queda hoxe e reconstrucións de como foron.

xoves, 7 de novembro de 2013

Enigma

Quen sabe que persoaxe mitolóxico aparece hoxe na páxina de inicio de GOOGLE?

martes, 22 de outubro de 2013

xoves, 17 de outubro de 2013

La villa de los Papiros



Baixo este nome inaugúrase mañá en Madrid esta exposición. Nela poderase ver unha reconstrución virtual desta casa de Herculano, preservada ata os nosos días pola cuberta de orixe volcánica procedente do Vesubio.
Ofrécenos a posibilidade de ver útiles de escritura, papiros e pintura pompeiana.
Por outra banda, presenta unha mostra das primeiras excavacións en Pompeia e Herculano do S.XVIII, poñendo de manifesto as consecuencias destes descubrimentos.
Ata aquí a información que teño. Este σαββατοκυριακό irei vela e contarei as miñas impresións.

martes, 15 de outubro de 2013

Aenigma, III

Como se chama a nena a quen esta deusa ordeou matar para que soprara o vento e levase os barcos gregos cara un lugar onde houbo unha famosa guerra?
(Atención, primeiro deberás saber a que mito corresponde este corto).

xoves, 10 de outubro de 2013

ENIGMA: Aenigmaticum vinum

Neste artigo fálasenos dunha botella de viño moi especial. A pregunta é: Por que non se atreve ninguén a abrir a botella e probar o viño? (dúas razóns)Foto: DPA

domingo, 6 de outubro de 2013

Carmen, carminis

Carmina Burana: colección de cantos que datan dos S.XII e XIII e que foron atopados nun manuscrito da  abadía de Bura Sancti Benedicti (Benediktbeuern), en Baviera, Alemania.
Carl Orff tomou algúns dos textos dos Carmina Burana para compor unha obra coral co mesmo nome en 1937 cuxo fragmento máis coñecido é o O Fortuna que constitúe a primeira parte do preludio.

venres, 4 de outubro de 2013

Enigma!!!!!


  1. Que consecuencia cres que tivo a restrición no horario de circulación dos carros pola cidade de Roma?
  2. Cal é a probable orixe do paso de cebra actual?

Podes ler este artigo que fala sobre os sistemas de transporte na antiga Roma.

luns, 10 de xuño de 2013

Miliario

MARCO DAS ANTAS
Miliario da Vía Nova atopado nunha finca en Couso da Limia. Crese que a súa situación orixinal era a milla 68 dende o punto de partida, Braccara Augusta.
É o único do N.O peninsular adicado a Treboniano e Volusiano -emperadores do 251 ó 253 d.C.

IMP.CAES.C.VIBIO.TREBONIA
NO.GALLO.PIO.INVICTO.AVG
TR.POT.COSII.PROCOS.ET.IMP
CAES.C.VIBIO.VELDVMIANO
VOLVSIANO.AVG.PONT
MAX.TR.POT.COSII
(Reconstrución feita por J.C. Rivas Fernández en 1974)

ADICADO Ó EMPERADOR CÉSAR CAIO VIBIO TREBONIANO GALO PÍO INVICTO AUGUSTO, CON AUTORIDADE DE TRIBUNO, CÓNSUL POR SEGUNDA VEZ, PROCÓNSUL; E Ó EMPERADOR CÉSAR CAIO VIBIO VELDUMIANO VOLUSIANO AUGUSTO, PONTÍFICE MÁXIMO, CON AUTORIDADE DE TRIBUNO, CÓNSUL POR SEGUNDA VEZ.

mércores, 15 de maio de 2013

Vias romanas


Aquí podemos atopar un cadro que recolle viaxes, distancias e tempos documentados (pregunta que varias veces me fixéstedes).
Pregunta, segundo esta información, canto tempo tardaría un correo en chegar da Limia a Roma. E un carro cargado de mercadorías?

luns, 13 de maio de 2013

Visita ó complexo arqueolóxico de Sta. Mariña de Augas Santas

O venres, 10 de maio, fixemos unha fermosa viaxe a varios puntos de interés cultural, económico, medioambiental, histórico..., dos moitísimos que nos ofrece ALLARIZ.
O mundo clásico do Cidade de Antioquía iniciou o día coa exposición ARTE-MITO na Fundación Vicente Risco. Todo un luxo que dous dos artistas, Seo e Antonio Soria, nos explicasen a súa reinterpretación do mito! Grazas, de corazón.
Mentres tanto, o resto da expedición achegouse á depuradora onde descubriron  que o que vertemos ós sumidoiros non se evapora e desaparece por arte de maxia. Deles aprendemos que os bastonciños dos oídos son un atranco importante no proceso. Non tiralos ó sumidoiro!
A continuación visitamos a central de biomasa na que nos quedou claro como se pode transformar o que non serve en enerxía. O noso guía, antigo alumno do noso centro, foi un magnífico transmisor da súa laboura.
Para rematar a mañá, a visita ó Rexo con degustación de queixo incluída, mergullounos no concepto de reserva da biosfera e a súa búsqueda do equilibrio entre o ser humano e o seu contorno, amosounos todo o proceso dende a ovella (algún dos que alí estaban nunca tocaran animal tal) ata o queixo. Grazas a Bernardo e Carlos que foron uns guías amabilísimos (vale, tamén o can se facía querer!).
Despois de repor forzas ó pé do río, emprendemos da man de Martiño (outro  guía de luxo, grazas tamén), a  ruta polo mundo mitolóxico-arqueolóxico de Sta. Mariña de Augas Santas.
Poucos lugares que eu coñeza nos amosan tan ben o aproveitamento de materiais tanxibles e intanxibles: as columnas romanas valen de soporte para un alpendre rematándoas cunha fila de ladrillo; o petroglifo adáptase estupendamente ó valado do camiño; os  restos de controvertida explicación do complexo formado por auga-forno-pedra formosa acaen estupendamente reconvertidos en Forno onde asaron a Santa. Mariña, etc...
Deixo algunhas fotos, pero o mellor é adicarlle unha visita sen presa.






Algunhas fotos máis aquí.

xoves, 25 de abril de 2013

O anfiteatro de Lucus Augusti

Como gran cidade romana que foi, Lucus Augusti tivo anfiteatro. Neste video podemos ver as evidencias que hoxe quedan del, agardando que algún día se saque á luz o que está agochado.
Nesta páxina  podedes ver información complementaria ás imaxes.

luns, 22 de abril de 2013

Día do libro

O étimo de libro é liber, libri. Podedes explicar a evolución do significado desta palabra?

xoves, 18 de abril de 2013

Calluna vulgaris

Nas paredes dun dos corredores do instituto hai unha fotografía desta pranta.
Tres cuestións:

  • En que lugar do instituto está?
  • Con que nome se coñece na túa zona esta pranta?
  • Quen coñece algún topónimo galego que etimoloxicamente se relacione co seu nome común?

martes, 16 de abril de 2013

Invictus

Agardo as vosas opinións sobre Invictus, el correo del César
Ademais da opinión persoal, valoraranse os comentarios sobre:

  • Referencias históricas
  • Ambientación
  • Anacronismos
  • ..........


martes, 9 de abril de 2013

Tradución, Horacio I, 5

Esta é unha posible tradución:

Dende alí Apulia empeza a mostrarme os coñecidos montes que o Atabulo quenta e ós que nunca teriamos subido de non ser porque a vila próxima a Trivico nos recibise non sen un fume choromiqueiro ó queimar na cheminea ramaxes húmidas con follas.
Aquí eu, parvísimo, ata a media noite agardo por unha moza mentireira; mais cando estaba disposto ó amor, o sono lévame; entón os soños obscenos fan que se manche o meu pixama e o meu baixo ventre, boca arriba.

Tampouco é para tanto, pero, tratándose de latín....

Vigo romano

Despois de Lugo, Vigo é a cidade galega con máis restos arqueolóxicos de época romana, o que parece non cadrar co significado do topónimo. Manuel Santos, arqueólogo do CSIC, presenta a súa hipótese sobre as orixes romanas desta cidade.

luns, 8 de abril de 2013

Horacio, Sátira I, 5. Orixinal da adaptación traducida en clase.

Aquí tedes o texto completo que corresponde ó párrafo "adaptado" que falaba da "muller mentireira" que tivo agardando ó viaxeiro ata a media noite e non apareceu.
Se o traducides descubriredes que Horacio é moi explícito no resultado da espera. En latín hai máis que "inimigos", "César", "Roma"....


incipit ex illo montis Apulia notos
ostentare mihi, quos torret Atabulus et quos
nunquam erepsemus, nisi nos vicina Trivici
villa recepisset lacrimoso non sine fumo,       80
udos cum foliis ramos urente camino.
hic ego mendacem stultissimus usque puellam
ad mediam noctem exspecto; somnus tamen aufert
intentum veneri; tum inmundo somnia visu
nocturnam vestem maculant ventremque supinum.

luns, 18 de marzo de 2013

O público do anfiteatro



Recreación do público durante un espectáculo
Xogos atopados no anfiteatro



Gladiatores


Lorica squamata -loriga de escamas-

Eques, sagittarius, venator

Murmillo vs. Hoplomachus




.







Guerreiro etrusco, piceno e hoplita

Retiarius
Grebas

mércores, 13 de marzo de 2013

Do rollo ó códice

Repaso Eutropio

Algunhas cousas que convén repasar:
  • Fórmulas de datación:
    • Anno+ ordinal+ ab urbe condita «no ano.....dende a fundación da cidade» I,18,19; II, 1..)
    • Anno urbis conditae + ordinal '' '' da '' '' II,15
    • ordinal anno+Post reges exactos «no ano....despois da expulsión dos reis» I,12
    • Olympiadis + ordinal do nº de olimpiada +anno+ordinal «no ano ....da Olimpiada ...»
    • Anno .... imperii/regni «no ano .....do seu reinado» I,2,5
    • Sequenti anno «ó ano seguinte» I, 14
    • Post ......annos .... «despois de ...anos» I,20
    • Nomes do(s) cónsul(es)/ dictador/outro cargo en ablativo+ consulibus/consule «sendo cónsul(es)/dictador/...
  • Distancia dun pobo ou un lugar con respecto a Roma: Ordinal do miliario+ab urbe Roma (sunt/absunt): «(están a/distan) .......millas da cidade de Roma»
  • Fórmulas de sucesión para os reis:
    • Huic sucessit+Nome do novo rei (I,4) «Sucedeu a este...)
    • Post hunc + Nome do novo rei+ suscepit imperium «Despois deste ............. tomou o poder
    • Regnum accepit+ Nome do novo rei «Recibiu o reino ....»
    • Rex creatus est + Nome do novo rei «foi nomeado rei .....»
  • Fórmulas de nomeamento de cargo:
    • rex/consul/imperator/magister equitum ... factus est/creatus est + Nome propio en nominativo : « ...... foi nomeado rei/cónsul/emperador/xefe de cabalería ...»
  • Perfectos sincopados: regnasset, imperasset, militarat.
  • 3ª p. pl. Pfcto. -ere: commovere
  • Ablativos absolutos:
    • I,2 condita civitate quam....
    • I,11: ...auxilium ei ferente Porsenna, Tusciae rege,... «ofrecéndolle axuda Porsena, rei de Etruria,...»
  • Possum/volo+infinitivo: I,1, 9, 15, 16... ç
  • Ollo ós infinitivos pasivos!: restitui, defendi, duci, recordari, sequi
  • Infinitivos de futuro: occisurum, mansurum
  • Orac.de infin.con sux.en acusativo: negavit se in ea urbe mansurum
  • triumphatum est/triumphavit de ....(abl.): celebrou(se) o triunfo/fíxo(se) o desfile triunfal sobre ...
  • Impersoal: triumphatum est/ pugnatum est

luns, 11 de marzo de 2013

Notas último exame

Lucía: 8´75
Alejandro: 4´25
David: 8´5
Sheila: 6´5
Xaime: 2
María: 6´5

Catulo

Aquí tedes os poemas de Catulo que debedes ler.
Nestoutro enlace tedes unha guía de lectura deses poemas.
O tema Lírica. Horacio podédelo descargar aquí. 

sábado, 2 de marzo de 2013

mércores, 27 de febreiro de 2013

Iugurta

Para que nunca esquezades que Iugurta -aquí Iugurtu- (1, parte 2),era un home de pel escura. E que de paso botedes unha risa!

luns, 25 de febreiro de 2013

Satélites de Plutón

Os satélites de Plutón son Caronte, Nix,  Hidra, P4 e P5. Neste enlace podes saber máis deles.
P4 e P5 van mudar de nome. Queres participar na elección dun novo nome para estes corpos celestes? Aquí podes votar.
Cando o fagas, deixa un comentario explicando o motivo da túa decisión.

domingo, 24 de febreiro de 2013

Falamos de peiteados romanos

Falamos na clase de como podían facer eses peiteados sen laca, sen secador e outras modernidades. Hai xente que investigou: clic!, aquí en inglés; máis brev, en castelán

venres, 15 de febreiro de 2013

Odisea 2013

Resultados mellorables nesta edición do concurso. Os preparativos do longo Entroido limián e as xornadas de folga serviron de disculpa para a vagancia dalgúns que esgotaron os esforzos coa pescuda de nome para o grupo.
Porén, parabéns para o grupo ABRIL, o mellor clasificado do noso centro, sendo debutantes no concurso e ademais as máis noviñas -3º de ESO-. Seguro que o ano que ven triunfan. De momento teñen un agasallo en forma de plus na nota do segundo trimestre.

Bicos romanos

Non todos os bicos son iguais, tampouco en Roma. Buscade neste interesante artigo todas as palabras con este significado e investigade se deixaron pegadas nas nosas linguas.

luns, 4 de febreiro de 2013

Odisea 2013

Se tedes algún problema grave co concurso -non relacionado coa resolución de preguntas-, poñédeo aquí como comentario.
Sorte, navegantes!

xoves, 31 de xaneiro de 2013

Vias romanas en Hispania

Itinerario Antonino ou Itinerario de Antonino é unha recompilación de rutas do Imperio Romano.Conservamos unha copia procedente da época do emperador Diocleciano do S. IV, pero suponse que a redacción orixinal é do S. III.
En cada ruta identificábanse as mansións coas súas correspondentes millas. 
Aínda que durante un tempo se pensou que podía ser unha guía para os viaxeiros, hoxe pénsase que máis ben foi feito para facilitar o traballo dos recadadores de impostos.
Nas edicións modernas deste itinerario as vías aparecen numeradas pero esto non responde á realidade romana,  é dicir, non se coñecían as vías polos ordinais senón polo seu trazado ou por nomes que lle asignaron os que as utilizaban (p.ex. Via Nova).
Mapa 

domingo, 13 de xaneiro de 2013

Odiseo

Xa que nos adentramos nunha Odisea non está de máis repasar a odisea de Odiseo.
Boa travesía!

xoves, 10 de xaneiro de 2013

Odisea 2013

Preparámonos para unha nova Odisea. Sorte a todos os grupos!Por se queredes ir practicando, aquí tedes as preguntas de anos anteriores.
Algúns enlaces con información interesante:

  1. En Grecia
  2. En Roma