Visualizacións de páxina totais

Amosando publicacións coa etiqueta Pegadas clásicas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pegadas clásicas. Amosar todas as publicacións

xoves, 21 de setembro de 2017

Mosaico, tesela a tesela. Enigma

Abrimos a tempada de enigmas.


  1. Que representa este mosaico?
  2. Resume o proceso aquí descrito.
  3. Apareceu algún mosaico romano na Limia? Onde está hoxe?

xoves, 13 de outubro de 2016

Por que aínda somos romanos. Enigma

Podedes ler este artigo e indicar 5 evidencias que xustifiquen o título. Por certo, que significado ten e de onde procede a expresión "ser/ estar .......... hasta las cachas"?

venres, 29 de abril de 2016

Enigma. 600 kilos de moedas romanas

Un verdadeiro tesouro apareceu nunhas obras en Tomares -Sevilla-.

A partir da lectura do artigo, responde:

  1. Que informacións se poden extraer do estudo deste tesouro?
  2. Que che parece que se debe facer coas moedas despois de estudialas?
Foto estraída de El País

domingo, 3 de abril de 2016

mércores, 29 de outubro de 2014

Enigma fenicio

Que relación ten con Roma o nome dunha das últimas operacións policiais contra a corrupción en España?
Comenta brevemente a orixe do nome.
Solpor no Mare Nostrum

martes, 23 de setembro de 2014

luns, 22 de setembro de 2014

Un circo romano. Outro enigma





Observa este video no que se reconstrúe un circo romano e responde estas dúas cuestións:

  1. En que lugar se atopan os restos que permiten esta reconstrución virtual?
  2. Para que utilizaban os romanos esta construción?

luns, 15 de setembro de 2014

A festa do Esquecemento

Santi M. Amil

Cuando Décimo Junio Bruto desmitificó el Lethes

Xinzo de Limia rememoró con la Festa do Esquecemento el cruce del río por las tropas romanas

xoves, 14 de novembro de 2013

A construción dunha ponte

Vexamos como se construía unha ponte como a que hoxe vimos na nosa viaxe ás orixes da cidade de Ourense.
Por certo, outro enigma: que dúas teorías sobre a orixe do topónimo Ourense mencionou o noso arqueólogo de cabeceira?

xoves, 17 de outubro de 2013

La villa de los Papiros



Baixo este nome inaugúrase mañá en Madrid esta exposición. Nela poderase ver unha reconstrución virtual desta casa de Herculano, preservada ata os nosos días pola cuberta de orixe volcánica procedente do Vesubio.
Ofrécenos a posibilidade de ver útiles de escritura, papiros e pintura pompeiana.
Por outra banda, presenta unha mostra das primeiras excavacións en Pompeia e Herculano do S.XVIII, poñendo de manifesto as consecuencias destes descubrimentos.
Ata aquí a información que teño. Este σαββατοκυριακό irei vela e contarei as miñas impresións.

domingo, 6 de outubro de 2013

Carmen, carminis

Carmina Burana: colección de cantos que datan dos S.XII e XIII e que foron atopados nun manuscrito da  abadía de Bura Sancti Benedicti (Benediktbeuern), en Baviera, Alemania.
Carl Orff tomou algúns dos textos dos Carmina Burana para compor unha obra coral co mesmo nome en 1937 cuxo fragmento máis coñecido é o O Fortuna que constitúe a primeira parte do preludio.