Lucretiae historia, violentiae contra mulieres in antiquitate exemplum est.
Tabula sexti decimi saeculi ab anonymo pictore Flandrensis sectae picta. |
Lucretiae historia, violentiae contra mulieres in antiquitate exemplum est.
Tabula sexti decimi saeculi ab anonymo pictore Flandrensis sectae picta. |
Non todas son iguais.
Neste artigo podedes ver os principais tipos, con alusión á descrita por Plinio
A Vulcano deus do lume, atribuíanlle os romanos a erupción dos volcáns.
Velázquez representouno nesta obra. Podes identificar os personaxes? Que lles está contando o que leva a coroa de loureiro?
Comezamos cun enigma faciliño.
O IES Ramón Otero Pedraio ten anexo un pavillón de deportes, o Pompeo. Pregunta: como se chamaba a esposa (morta ó parir un fillo que tamén morreu ó pouco de nacer) do político romano de igual nome que o director do instituto que deu nome ó Pompeo?
Vidro gravado aparecido no solar do Pompeo. Fonte: M.A.P.O |
Piscinas de orixe romana. As Burgas (foto propia. |
Con esta pregunta iniciaba José María Eguileta, arqueólogo municipal, os seus "Diarios do pasado", nun xornal ourensán. Así iniciamos nós o noso proxecto de descubrir as orixes da nosa cidade.
Neste enlace, iremos lendo petiscos desta historia, fabricados a partir dos máis recentes vestixios e estudos de especialistas.
Comezamos unha nova etapa no I.E.S. Ramón Otero Pedrayo de Ourense.
O contexto non pode ser máis romano. Debaixo deste edificio do S.XIX, hai vestixios das orixes romanas de Ourense. Algúns xa saíron á luz e agóchanse de momento nos fondos do M.Arqueolóxico, aínda en obras. Outros agardan que unhas novas obras lles dean nova vida.
Mentres ambas cousas se produzan (apertura do museo, novas catas arqueolóxicas), trataremos de recopilar a información que os expertos tiraron das fontes existentes.
Que o camiño que comezamos hoxe sexa andamoso e proveitoso para todas as persoas que me acompañen!
Casas de época romana. As Burgas (foto propia. |
Na saída da autovía cara Albarellos, hai dous miliarios desta vía que pasaba por Xinzo rúas Galicia, Constitución, Lepanto
O próximo mes de marzo participaredes no concurso máis agardado do ano: Odisea
Ide preparando os equipos, lendo as bases e achegándovos ó tema deste ano: A saúde e a enfermidade en Grecia e Roma.
A continuación copio uns fermosos textos cos que a organización (Sociedade española de Estudios Clásicos, Galicia) nos presenta o concurso deste ano:
A nosa nave xa correu innúmeras aventuras na navegación polo proceloso mar dos centros de toda Galicia e, unha vez máis, nesta nova singladura, ansiamos chegar á nosa illa sans e salvos e tamén máis sabios.
Xuramento Odiseico
“Xuro por Apolo médico e por Asclepio e por Hixía e por Panacea e todos os deuses que me embarcarei nesta nave de Odisea co corazón limpo, a mente aberta e as ganas de aprender no camiño, como bo Ulises que son. Farei un oco entre as miñas obrigas no instituto para formarme e prepararme para esta odisea 2021.
Pretexereime e protexerei aos demais, con todos os medios ao meu alcance contra a efermidade que condiciona agora as nosas vidas ata límites nunca sospeitados.
Gozarei buscando información en libros e mediante as TIC, que é do pouco que nos quedou incólume nestes tempos de pandemia real que estamos a vivir.
Xogarei con todas as miñas forzas, desexando gañar e competindo contra os meus contrincantes e rexeitarei todo tipo de trampas.
Aceptarei a derrota no seu momento, se se produce; e alegrareime da victoria se chego a gañar.
E, sobre todo, saberei que terei aprendido cada día que me adestre para esta Odisea 2021 sobre a saúde e a enfermidade en Grecia e Roma, e mesmo terei colaborado a espallar o coñecemento dos nosos antepasados sobre este tema.
Grazas á miña aprendizaxe, serei máis consciente de que nese saber antigo está a raíz, a orixe, dos coñecementos científicos dos nosos sanitarios, que estudan moito e traballan para loitar contra a enfermidade.
Así pois, se observo este xuramento sen quebrantalo, séxame dado gozar do meu concurso e dos meus estudos e ser honrado para sempre entre os meus compañeiros; máis se o quebranto e cometo perxurio, sucédame o contrario”.
Hospital de Epidauro |
Recipientes para perfumes ou beberaxes procedentes de Eubea |