Visualizacións de páxina totais

Amosando publicacións coa etiqueta Restos arqueolóxicos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Restos arqueolóxicos. Amosar todas as publicacións

domingo, 25 de novembro de 2018

Xinzo romano

Para contextualizar a visita de mañá
http://www.laregion.es/articulo/a-limia/aparecen-vestigios-romanos-rua-da-igrexa-xinzo/20180224095638773412.html

martes, 23 de outubro de 2018

Pompeia, esa caixa de sorpresas! Enigma

Chamaba a atención que estes pompeianos fosen tan abrigados para ser agosto. Agora, parece ser que o enigma quedou aclarado.




Mira este video, busca algún artigo recente sobre o tema e fai o resumo sobre o que supón este achádego.
Ademais: 
  • Como pudo transmitirse o erro na data?
  • Que opina Mary Beard do asunto?



xoves, 18 de xaneiro de 2018

Salinas romanas de Vigo. Enigma

Máis ca un enigma trátase de que fagades un comentario crítico sobre este artigo do xornal, facendo referencia á nosa visita do ano pasado a Vigo.

xoves, 21 de setembro de 2017

Mosaico, tesela a tesela. Enigma

Abrimos a tempada de enigmas.


  1. Que representa este mosaico?
  2. Resume o proceso aquí descrito.
  3. Apareceu algún mosaico romano na Limia? Onde está hoxe?

venres, 21 de abril de 2017

Enigma: Máis romanos en Ourense!

A prensa fálanos hoxe dos recentes traballos arqueolóxicos en Tamagos, comarca de Monterrei -onde vivían os Tamagani mencionados no Padrón dos pobos de Chaves!-.
Trátase dun campamento romano temporal, no que poderían acampar entre 100 e 200 soldados.

La Región, 21/04/2017
Cuestións:

  1. Significado axeitado ó contexto de: prospección-teledetección-castellum-Aquis Querquennis
  2. Que outro pobo, coñecido por nós, aparece mencionado no Padrón dos pobos?
  3. Que diferencia hai entre un campamento permanente e un temporal? Pon un exemplo do primeiro na provincia de Ourense.
  4. Que tarefas terían encomendadas os soldados que vivían neste campamento?

venres, 29 de abril de 2016

Despiadado Xulio César

Xa sabiamos que as súas conquistas foran acompañadas de morte e destrución, pero neste artigo cóntasenos o achádego de restos que confirman o que o propio César deixou escrito: o exterminio de dúas tribus xermánicas que pediran permiso para establecerse dentro dos límites do territorio romano.
Reconstrucción de casco romano encontrado cerca de Kessel.
Foto de El País. Reconstrución dun casco romano.

Enigma. 600 kilos de moedas romanas

Un verdadeiro tesouro apareceu nunhas obras en Tomares -Sevilla-.

A partir da lectura do artigo, responde:

  1. Que informacións se poden extraer do estudo deste tesouro?
  2. Que che parece que se debe facer coas moedas despois de estudialas?
Foto estraída de El País

domingo, 3 de abril de 2016

venres, 10 de abril de 2015

Miliarios

O número de miliarios localizados na provincia de Ourense medra cada ano. A prensa ofrécenos unhas interesantes fotografías da reutilización variada destas pedras. Aquí tedes o enlace á edición dixital de La Región. Na edición en papel hai máis fotos.
Miliario convertido en machón de la rústica puerta de acceso a una finca de Cadaval.

Enigma. Pegadas clásicas no Castelo de Almuñécar.

Miriam Rodríguez Avilés, tróuxonos estas fotografías das súas vacacións de Semana Santa. Axudádeme a compoñer o pé de foto. Que representan estas dúas imaxes?

Civitas limicorum. Enigma

Como xa temos comentado, baixo o Xinzo actual hai un tesouro agochado que sae á superficie cada vez que se fan obras. Cómpre sabelo e darlle o valor que ten.
Hoxe, a prensa recolle un novo achádego; de momento so son unhas pedras que indican a importancia do que está por descubrir.
Este enigma é máis ben un encargo. Facede unha fotografía dos restos atopados e colocarémola nesta entrada. Hai agasallo.

martes, 9 de decembro de 2014

Enigma







  1. De que descubrimento nos fala este video? 
  2. Que óso de froita apareceu? Que terá que ver co achádego?
  3. Cita dous elementos atopados.
  4. Que cres que se debería facer con estes restos tendo en conta que foron descubertos nas obras dunha estación de metro en Roma?