- De que descubrimento nos fala este video?
- Que óso de froita apareceu? Que terá que ver co achádego?
- Cita dous elementos atopados.
- Que cres que se debería facer con estes restos tendo en conta que foron descubertos nas obras dunha estación de metro en Roma?
MANUEL ÁNGEL: Despois de ver o video e de consultar outra información na rede cheguei a unha conclusión:
ResponderEliminar1)Neste video fálasenos dun gran depósito de auga (romano) de grandes dimensións e moi próximo ao centro da cidade de Roma, xa que se atopou nas obras dunha estación de metro.
2)Atopáronse ósos de melocotón. Relación: dito tanque, contaba cunha complexa rede hidráulica que servía de abastecemento a unha planta agrícola.
3)Elementos atopados: cestas de madeira, dúas frechas das cales unha aínda conserva parte da punta de ferro.
4)Dende o meu punto de vista primeiramente deberíase facer unha investigación profunda con estes achazgos xa que nos poden aportar moita información das formas de cultivo, instrumentos e mesmo cultivos que xa plantaban os romanos! Unha vez feito este labor deberíanse coidar as pezas atopadas e mesmo expolas en museos ou exposicións para que toda a xente interesada as poidera ver. E por último, continuar coa construcción da estación do metro xa que os avances na comunicación nas cidades (é ainda máis en Roma) son moi importantes.