Os nosos representantes
Manuel Ángel, Caroline, Judit, Raquel, Lidia e Jésica, alumnado de 4º de ESO
Χαίρετε, ναῦται. VALETE, NAUTAE!
Hoxe comeza a vosa singradura. Sen que teñades que descender ao Hades para consultar a Tiresias podémosvos adiantar algúns consellos.
Durante tres días o apacible Euro guiaravos por augas en calma. Gozade, sen abafos de tempo, coas preguntas que se vos propoñan e asegurade as respostas, pero, coidado! FESTINATE LENTE, σπεύδετε βράδεως!
O xoves verédesvos azoutados por Bóreas implacable e teredes que afrontar terribles momentos de desfalecemento ante as esquivas pistas do "preguntón" que, semellantes a Escila e Caribdis, axitarán o vinoso ponto para que se decanten os mellores. Sede prudentes como o paciente Odiseo, CAVETE, προσέχετε σαυτοῖς!
Os organizadores e organizadoras deste concurso desexámosvos moito éxito:
ἀγαθῇ τύχῃ, FORTUNAM SECUNDAM VOBIS!

Ningún comentario:
Publicar un comentario