Visualizacións de páxina totais

luns, 24 de outubro de 2011

Novo enigma



Coas últimas calores deste outono fixen unha excursión familiar por este lugar tan fermoso. A súa beleza ten bastante que ver cun feito que hoxe poderiamos calificar de desfeita medioambiental e humana: os romanos non se detiñan se para acadar os seus obxectivos tiñan que desfacer uns cantos montes a base do traballo de moita xentiña que morreu tanto polos accidentes que se terían producido como pola insalubridade do traballo. Por suposto, eran outros tempos, outros contextos.
Agora tócavos a vós descubrir -como moi ben fixestes dous de vós no anterior enigma- onde están estes lugares misteriosos e por que os romanos o deixaron así de roto.
Valete.

2 comentarios:

  1. David Fernández

    Hai un ano e medio estiven nese lugar cos meus pais, chámanlle "As Médulas" e encóntrase en León. Era unha explotación mineira de ouro dos romanos que polas diversas galerías que fixeron baixo ese monte para extraer o ouro ó paso do tempo a paisaxe quedou así..

    ResponderEliminar
  2. μπράβο; πολύ καλά;
    Moi ben -arriba en grego porque queda máis enigmático-.
    Outro positivo!

    ResponderEliminar