Tarde pero aquí estamos de novo. Aínda que comezamos o curso cos folgos moi baixos, como a ave fénix, rexurdimos e agardamos voar alto este curso.
Somos aínda menos que outros anos, xa que as miñas ocupacións administrativas fan que só me ocupe de 2º de Bacharelato e 4º da ESO. Con bacharelato foi un reencontro -grato, sen dúbida-; en 4º, estamos en fase de coñecemento mutuo; pola miña parte, de momento, a impresión é moi boa.
Como digo, non estou en forma, non preparei enigmas nin actividades novas e polo momento tiraremos de fondo de armario -que despois de tantos anos, vai sendo amplo-. Iso si, estou aberta ás vosas propostas e sobre todo á vosa transmisión de enerxía para, como dicía ó principio, retomar o vo.
Como primeira actividade propóñovos averiguar por que fixemos esta foto a carón desa pedra; que ten que ver co latín? Por certo, a foto forma parte da terapia de renacemento ave-fénix á que me estou sometendo; un saúdo para os que nela aparecen e que xa voaron alto, lonxe, fulgurantes....(falta algún que ese día voara fóra do niño)
Valete.
Ningún comentario:
Publicar un comentario