Visualizacións de páxina totais

xoves, 8 de xaneiro de 2015

Odisea 2015


Bases e o calendario do concurso

Animádevos a participar: organizade os grupos, pensade un nome orixinal e ide pensando que sabedes do tema sobre o que tratará este ano:  O AMOR EN GRECIA E ROMA. A continuación recollo uns parágrafos das bases do concurso que nos introducen na materia:

"O amor únenos e sepáranos, alégranos e entristecenos, móvenos e paralízanos. Dende o principio dos tempos, foi o tema predilecto dos poetas que ensalzaban as virtudes do ser amado e choraban pola súa perda. Non faltou quen intentou darnos leccións de como conseguir o amor e sobrevivir á súa perda, quen inmortalizara aventuras amorosas de terrible final, quen, mesmo, fuxindo dun amor non desexado, abandonara a súa forma humana para converterse en árbore.
A historia e literatura de Grecia e Roma están atestadas de parellas famosas que todos coñecemos, como Pericles e Aspasia, Helena e Paris, Adriano e Antínoo, Zeus e ... En fin, parellas diversas que nos inspiran, conmoven e divirten. Tamén a nave de Odisea, namorada da Antigüidade clásica, quere render unha homenaxe a esa forza que todo o vence, tan necesaria nestes tempos convulsos. Por iso, nesta edición, o Amor será o tema do noso concurso. Serán os participantes de Odisea 2015 tan tenaces buscando respostas, como Catulo pedindo bicos?  "
A nosa nave xa correu innúmeras aventuras na navegación polo proceloso mar dos centros de toda Galicia e, unha vez máis, nesta décima singladura, ansiamos chegar á nosa illa sans e salvos e tamén máis sabios. Deixemos aos nosos alumnos e alumnas que se enfronten como modernos heroes ás preguntas e desfruten da satisfacción das respostas encontradas co seu esforzo, que cheguen sós a Ítaca e culminen a súa viaxe sen consultar ao oráculo máis que o estrictamente necesario.


martes, 30 de decembro de 2014

Felix annus novus! Dous enigmas.



  1. Que ano vai comezar mañá Ab urbe condita?
  2. Que ten que ver cos romanos o que aparece nesta fotografía?


Preguntas para o concurso A Vía Nova

Déixovos a ligazón ás preguntas definitivas para o concurso que faremos a finais de xaneiro. As que veredes a maiores son as que só tiñan a resposta na versión que vos repartín. Son unhas poucas máis.
Esta versión ten a ventaxa de que preguntas e respostas están ó lado.
Este é o enlace: https://drive.google.com/file/d/0ByHAXORmp9jSaW1pUUNsNTB2RFU/view?usp=sharing
Se tedes algún problema, deixade un comentario.

venres, 12 de decembro de 2014

Enigma circulatorio.

Cal é o vículo mitolóxico entre unha constelación de nome   _ A_ _O_ E_  e o nome do helicóptero que vixía o tráfico do noso país?
Tala de árboles del helicóptero de Lines1 eléctrico