Visualizacións de páxina totais

venres, 30 de decembro de 2016

NOTAS TEXTOS EUTROPIO

Estiven con gripe dende que remataron as clases e borróuseme todo da mente! Desculpade.  Quedamos en que fixésedes o 9 e o 10; como eliminei varias frases, facede tamén o principio do 11, ata "victus est".
Estas son as notas que vos axudarán a facer os textos das vacacións:

[9]:

  1. coepere= coeperunt
  2. Non facer a seguinte frase completa  "Et placuit, ne imperium  ...   privatos."
  3. ab expulsis regibus: "dende a expulsión dos reis"
  4. ut: que/para que
  5. ne: que non/ para que non
  6.  haben,ns= habens  (é unha errata)
  7. Poñer comas: Ergo, accepto omni patrimonio suo,
  8. fuerat expulsus= expulsus erat
  9. posset: imp.de subx. de possum
  10. restitui: infin. pasivo

[10]
  1. Non facer a seguinte frase completa: " quo morbo.....sumpsit."


Felix annus MMXVII!

domingo, 18 de decembro de 2016

xoves, 13 de outubro de 2016

Por que aínda somos romanos. Enigma

Podedes ler este artigo e indicar 5 evidencias que xustifiquen o título. Por certo, que significado ten e de onde procede a expresión "ser/ estar .......... hasta las cachas"?

domingo, 9 de outubro de 2016

luns, 3 de outubro de 2016

Novas!

Importante descubrimento arqueolóxico.

Le este artigo e responde a estas cuestións:

  1. Que significan estas palabras do texto:  Urbe, Quirinal, necrópolis? Deduce o significado a partires do contexto e defíneas coas túas propias palabras. 
  2. Busca nun dicionario o vocabulario descoñecido que non deas deducido do contexto.
  3. En que época da historia de Roma se sitúa este achádego arqueolóxico? Cal é a seguinte etapa?
  4. Por que se conservan tan ben estes restos?
  5. Por que deducen os arqueólogos que se trata da casa dunha familia aristocrática?

La planta de la casa era rectangular, con dos ambientes
foto extraída de ABC