Visualizacións de páxina totais

venres, 21 de abril de 2017

Enigma: Máis romanos en Ourense!

A prensa fálanos hoxe dos recentes traballos arqueolóxicos en Tamagos, comarca de Monterrei -onde vivían os Tamagani mencionados no Padrón dos pobos de Chaves!-.
Trátase dun campamento romano temporal, no que poderían acampar entre 100 e 200 soldados.

La Región, 21/04/2017
Cuestións:

  1. Significado axeitado ó contexto de: prospección-teledetección-castellum-Aquis Querquennis
  2. Que outro pobo, coñecido por nós, aparece mencionado no Padrón dos pobos?
  3. Que diferencia hai entre un campamento permanente e un temporal? Pon un exemplo do primeiro na provincia de Ourense.
  4. Que tarefas terían encomendadas os soldados que vivían neste campamento?

sábado, 4 de marzo de 2017

Para repasar os latinismos

http://www.revistavanityfair.es/actualidad/articulos/diccionario-de-expresiones-en-latin-y-su-significado/23615

sábado, 11 de febreiro de 2017

En latín tamén se insultaban

E se non me credes, mirade aquí un bo catálogo de aldraxes. Cómpre dicir que moitos son "literarios" pero non por iso menos fortes.

xoves, 2 de febreiro de 2017

Concurso Odisea

Preparámonos para a Odisea deste ano!

Parabéns, unha vez máis, á organización por nos levar por eses mares en busca do coñecemento!.


Aquí temos o enlace ó concurso.



O tema deste ano é a política en Grecia e Roma. A continuación o texto que nos presenta e argumenta a escolla:

"Personaxes da Antigüidade simbolizaron a loita pola liberdade, a defensa dos valores cívicos, pero tamén a traizón, a ambición desmedida, a corrupción ou a violencia máis cruel. Revoltas populares, políticos corruptos, personaxes que medran custe o que custe mentres outros desempeñan os seus cargos con responsabilidade e honestidade, ideais democráticos nunha sociedade con profundas desigualdades, ... Un percorrido pola política na Antigüidade pode ser o espello no que miramos o noso presente máis actual. Sen dúbida, a política é un dos legados máis profundos que nos deixou o mundo grecolatino, con todos os seus matices bos e malos, de maneira que na actualidade aínda discutimos sobre como debe organizarse a sociedade, como entender a democracia, quen ten dereito a ser cidadán ... ou cidadá. Palabras como aristocracia, democracia, república, cónsul, senado, oligarquía ou demagoxia, forman parte da nosa cultura herdada de gregos e romanos, pero, significan agora o mesmo que entón? Atrevédesvos a investigar como era o mundo da política en Grecia e Roma?  "