Visualizacións de páxina totais
mércores, 20 de outubro de 2021
Día das escritoras
mércores, 29 de setembro de 2021
Erupcións volcánicas
Non todas son iguais.
Neste artigo podedes ver os principais tipos, con alusión á descrita por Plinio
domingo, 26 de setembro de 2021
El odio de Vulcano. Outro enigma
A Vulcano deus do lume, atribuíanlle os romanos a erupción dos volcáns.
Velázquez representouno nesta obra. Podes identificar os personaxes? Que lles está contando o que leva a coroa de loureiro?
domingo, 19 de setembro de 2021
Pompeo, Pompeo. Enigma
Comezamos cun enigma faciliño.
O IES Ramón Otero Pedraio ten anexo un pavillón de deportes, o Pompeo. Pregunta: como se chamaba a esposa (morta ó parir un fillo que tamén morreu ó pouco de nacer) do político romano de igual nome que o director do instituto que deu nome ó Pompeo?
| Vidro gravado aparecido no solar do Pompeo. Fonte: M.A.P.O |
martes, 14 de setembro de 2021
Cantos anos ten Ourense?
| Piscinas de orixe romana. As Burgas (foto propia. |
Con esta pregunta iniciaba José María Eguileta, arqueólogo municipal, os seus "Diarios do pasado", nun xornal ourensán. Así iniciamos nós o noso proxecto de descubrir as orixes da nosa cidade.
Neste enlace, iremos lendo petiscos desta historia, fabricados a partir dos máis recentes vestixios e estudos de especialistas.
Mudamos de entorno
Comezamos unha nova etapa no I.E.S. Ramón Otero Pedrayo de Ourense.
O contexto non pode ser máis romano. Debaixo deste edificio do S.XIX, hai vestixios das orixes romanas de Ourense. Algúns xa saíron á luz e agóchanse de momento nos fondos do M.Arqueolóxico, aínda en obras. Outros agardan que unhas novas obras lles dean nova vida.
Mentres ambas cousas se produzan (apertura do museo, novas catas arqueolóxicas), trataremos de recopilar a información que os expertos tiraron das fontes existentes.
Que o camiño que comezamos hoxe sexa andamoso e proveitoso para todas as persoas que me acompañen!
| Casas de época romana. As Burgas (foto propia. |
domingo, 18 de abril de 2021
Vía Chaves-Iria Flavia
Na saída da autovía cara Albarellos, hai dous miliarios desta vía que pasaba por Xinzo rúas Galicia, Constitución, Lepanto
.jpg)


