Xa vos tiña comentado que a serie me parecía realmente intragable, tanto dende o punto de vista artístico coma histórico ou de calquera outro xeito de mirala que se me ocorrise. Tenteino varias veces pero á miña cabeza só viñan improperios cara quen fose o que argallou tal patraña. En fin, atopei
este blog, no que un arqueólogo -cousa que eu non son- analiza polo miúdo os anacronismos, falsedades e incluso manipulacións ideolóxicas do enxendro. Na mesma entrada hai tamén enlaces á páxina oficial da serie onde algún asesor tenta xustificar o que fixeron -así podedes analizalo dende todos os puntos de vista-.
Unha vez máis, o que me gustaría é que, tendo a maior cantidade de información posible, obxectiva, subxectiva, parcial, partidista ...., acabásedes tendo a vosa propia opinión, tan válida coma a de calquera sempre que estea ben asentada nos cementos da información plural.
E se ó final vos gusta aínda que só sea esteticamente, ben estará!
Ningún comentario:
Publicar un comentario