Visualizacións de páxina totais

xoves, 3 de febreiro de 2011

Odisea 2011. Problemas coa rede

Máis novas -copio a información que acabo de recibir-:

Ben, a estas horas da noite xa podemos concluír que todo está arreglado (esta vez de verdade!!!)


Esta mañá, por un problema informático na indexación das táboas das respostas, cada vez que un grupo enviaba as súas aparecía un erro en pantalla e logo, ao comprobalas, estaban totalmente desordenadas.

Por se isto fose pouco, a media tarde produciuse un colapso no servidor por exceso de solicitudes, que provocou que a aplicación non funcionase durante aproximadamente media hora.

Foron moitos os correos que recibimos nos que, de acordo co estipulado nas bases, mandabades as respostas dos grupos.

Despois de comprobar estes correos un a un vemos que todo está no seu sitio, aínda que pedimos que o comprobedes tamén vós para evitar calquera posible erro.

Recordade que mañá se vai dar un resultado provisional, sendo o definitivo o vindeiro luns, cando se publicarán os equipos participantes no desempate e as sedes onde se celebrará o mesmo.

Disculpade estes pequenos atrancos, que seguro provocaron algún ataque de nervios a máis de un..... (polo menos a nós....!!!)

Cousas do directo.

Sorte a tod@s mañá no resultado provisional e grazas por participar!


Maite Miñambres / Álvaro P. Vilariño


O dito, tranquilidade, isto é un xogo e, como di Kavafis, o importante é o camiño que percorrestes e o que nel aprendestes.
En caso de que volvese haber problemas, enviádeas por correo-e.
Ata mañá.

Ningún comentario:

Publicar un comentario