Que a vosa viaxe por novos mundos sexa fermosa; que as novas experiencias vos satisfagan e que aprendades moito (relede o poema de Kavafis).
De momento, a selectividade agárdavos. Aquí podedes deixar as vosas preguntas.
De momento, a selectividade agárdavos. Aquí podedes deixar as vosas preguntas.
Ana, tivemos hoxe o exame de latín e a verdade é que coincidimos en sinalar que foi moi sinxeliño: a tradución ata creo que a fixeramos en clase, porque estaba ambientado na época de Pirro (cando este ía cara a Roma en axuda dun pobo ao que os romanos invadiran, non me sae agora o nome).
ResponderEliminarEn literatura, había que escoller Virxilio ou Tito Livio e as de cultura e civilización tamén eran das esperadas. Despois ao saír só vin a Ana, pero tamén dixo que lle parecera moi fácil.
Alégrome moito de que che saíra ben; ademais ben merecido o tiñas, entre outras cousas polo esforzo que supón poñerse a facer un exame de latín a esas horas, despois da tensión e o cansancio doutras probas anteriores.
ResponderEliminarSorte!