Visualizacións de páxina totais

domingo, 16 de decembro de 2018

Sobre a tetrarquía. Augustos vs.Césares

Tetrarquía foi un sistema de goberno creado polo emperador romano Diocleciano por forma a resolver serios problemas militares e económicos do imperio romano.
Os tetrarcas, escultura en pórfirosaqueada dun pazo bizantino en 1204.
Dividiu o seu poder sobre o imperio entre os sectores orientais (pars Orientis) e occidentais (pars Occidentis). Mantivo o control persoal do sector leste e o seu colega Maximiano controlou o occidente. Diocleciano non dividiu propiamente o poder co seu compañeiro de armas Maximiliano, pois, na realidade, Diocleciano estaba colocado en posición superior á de Maximiliano. A partir de aí, o Imperio pasou a ter dos Augustos (augustus), cada cal con exército, administración e capital propios, aínda que Diocleciano continuase a ser o xefe do Estado, representando a unidade do mundo romano.
Oito anos máis tarde, considerando que era necesaria maior concentración en problemas cívicos e militares, decidiu dividir aínda máis o poder ao nomear un "Imperator Iunior", ou César (caesar), reportando a cada "Imperator Senior", ou Augusto. Os Césares eran xefes militares capaces de gobernar e protexer o imperio, adoptados como fillos polos Augustos, a quen sucederían en caso de morte, incapacidade provocada pola vellez ou transcorridos vinte anos dos seus gobernos. Os césares, lugartenente dos Augustos, tamén posuían capital, exército e administración propios. A esa organización dáselle o nome de tetrarquía, ou o goberno de catro, pois hai dous Augustos e dous césares. A Tetrarquía durou ata 324.
O pai de Constantino IConstancio Cloro foi nomeado César na Tetrarquía en 293. Despois da abdicación de Diocleciano (305), tivo inicio unha guerra entre os Augustos e os Césares por el nomeados. Instaurouse a anarquía. En 312, no combate da Ponte Milvia, Constantino derrotou a Maxencio. De 316 a 323, Constantino e Licinio gobernaron Roma. A partir de 323, Constantino pasou a gobernar só.

2 comentarios: