Visualizacións de páxina totais

domingo, 9 de xaneiro de 2011

Sobre a serie Hispania

Xa vos tiña comentado que a serie me parecía realmente intragable, tanto dende o punto de vista artístico coma histórico ou de calquera outro xeito de mirala que se me ocorrise. Tenteino varias veces pero á miña cabeza só viñan improperios cara quen fose o que argallou tal patraña. En fin, atopei este blog, no que un arqueólogo -cousa que eu non son- analiza polo miúdo os anacronismos, falsedades e incluso manipulacións ideolóxicas do enxendro. Na mesma entrada hai tamén enlaces á páxina oficial da serie onde algún asesor tenta xustificar o que fixeron -así podedes analizalo dende todos os puntos de vista-.
Unha vez máis, o que me gustaría é que, tendo a maior cantidade de información posible, obxectiva, subxectiva, parcial, partidista ...., acabásedes tendo a vosa propia opinión, tan válida coma a de calquera sempre que estea ben asentada nos cementos da información plural.
E se ó final vos gusta aínda que só sea esteticamente, ben estará!

luns, 13 de decembro de 2010

Concurso-Maratón Cultura Clásica

Aquí tedes a información sobre este novo concurso a nivel nacional. Animádevos a participar!

Notas 4º ESO

Alicia....6
Julen....8´25
Melisa...8
Francisco...8
Marta....6
Estela ....4´25
Estela V......6

xoves, 9 de decembro de 2010

Exame 2º bach.

Dadas as circunstancias excepcionais, froito de neve + ponte, o exame de mañá poderase manter ou aprazar para un día da semana que ven -nunca o mércores-, según cadaquén decida. Tamén se poden facer os dous e só contar unha das dúas notas.
Parécevos ben? Máis facilidades .....

mércores, 8 de decembro de 2010

Pompeia

Agora que xa sabemos que pasou en Pompeia hai case 2000 anos, seremos máis sensibles a esta preocupante nova.

sábado, 4 de decembro de 2010

Buzón de dúbidas

Deixade aquí todas as consultas que teñades para esta ponte adicada ó estudo intenso. Co frío que vai fóra, como para andar por aí facendo outras cousas!