Lede este interesante artigo e respondede a esta cuestión: de onde obtén o autor a información para dar resposta a este "enigma"?
Visualizacións de páxina totais
luns, 26 de novembro de 2012
domingo, 25 de novembro de 2012
venres, 16 de novembro de 2012
Enigma
Nesta interesante nova astronómica buscade un adxectivo relacionado coa mitoloxía e explicade o seu uso.
Hai premio
Hai premio
mércores, 14 de novembro de 2012
luns, 24 de setembro de 2012
O PRIMEIRO ENIGMA DO CURSO, faciliño
Este verán fíxose moi famosa unha pintura coñecida como ECCE HOMO de Borja.
Ecce homo , "velaí o home", é un latinismo que se utiliza para presentar a alguén a quen se buscaba ou para referirse a unha persoa ferida ou de aspecto penoso. Realmente procede da imaxe de Xesucristo cando Poncio Pilatos o presentou ó pobo, coroado de espiñas, despois de sometelo a distintos suplicios (Xan, 19,5).
Por que se coñece a esa pintura agora tan famosa con este latinismo? A partir de cal dos significados do latinismo tomou o nome?

martes, 18 de setembro de 2012
Novo curso!
Benvidos e benvidas a esta nova andaina. Agardo que o novo curso que se abre vos traia boas experiencias ás que vos levarán as ansias de coñecer cousas novas que sen dúbida tedes.
Os romanos deixáronnos moitos exemplos bos e malos -como a propia natureza humana-. Reflexionade sobre esta frase coa que rematamos o curso pasado:
Hos successus alit: possunt, quia posse videntur; "o éxito fainos medrar: poden porque parécelles que poden".
Isto dicía Virxilio na Eneida (V, 231), en referencia ós participantes nunha regata durante as competicións en recordo da morte de Anquises un ano antes.
Aplicade o dito!
E comezamos con este video curioso

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)