Somos un grupo pequeno pero intenso. Xoves e venres formamos unha lexión menguada e saímos ó monte á procura do noso pasado.
Primeiro achegámonos ó miliario da foto (podése ver mellor no enlace da entrada anterior), a continuación asomámonos ó Limia e intercambiamos informacións sobre o Castelo de Celme -non esquezades que agora cómpre completar a información, non nos quedaramos coa dúbida-, pensamos na etimoloxía de Güín e finalmente, atrevémonos a facer unha incursión no territorio dos Coelerni en Castromao.
O venres, aínda máis disminuído o grupo, chegamos ata o campamento romano de Aquis Querquennis, falamos das invasións bárbaras acollidos no pórtico da igrexa de Sta. Comba e rematamos camiñando uns milia passuum pola Via Nova.
Podedes ver unha pequena testemuña dos nosos pasos aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario