Visualizacións de páxina totais

mércores, 4 de febreiro de 2015

Chegamos a bo porto!

As Fafochas, Jésica, Sarah Magdalena e Tania, a pesares de non ter escollido un nome clásico, acadaron a 3ª posición -entre 268 equipos- no concurso Odisea 2015!
Parabéns polo seu traballo, dedicación, constancia....!
Parabéns tamén á organización por todo o traballo que un ano máis levaron a cabo. Grazas!

Clasificación dos Grupos que participaron no desempate

OrdeNome do GrupoNome do CentroLocalidadeTempo empregado no desempatePuntuación Total
1ºVICKY EL VIKINGO Y SUS AMIGOS LOS BARBARITOS.2.0IES "SALVADOR DE MADARIAGA"A CORUÑA2 horas, 56 minutos e 29 segundos93
2ºPRÉSTASMEIES DIONISIO GAMALLO DE RIBADEORIBADEO2 horas, 53 minutos e 16 segundos91
3ºFAFOCHAI.E.S. CIDADE DE ANTIOQUÍAXINZO DE LIMIA2 horas, 30 minutos e 21 segundos89
4ºBADIUSIES MAXIMINO ROMERO DE LEMABAIO-ZAS A CORUÑA2 horas, 55 minutos e 1 segundos89
5ºHELENAS DE AMESIES AMESBERTAMIRANS-AMES2 horas, 56 minutos e 43 segundos89
6ºBENE UTERE!COLEXIO PLURILINGÜE LA SALLESANTIAGO DE COMPOSTELA2 horas, 57 minutos e 23 segundos89
7ºALBUM ET NIGRUMIES VAL DO ASMACHANTADA2 horas, 59 minutos e 5 segundos89
8ºAS DISCÍPULAS DE ATENEAIES DE MELIDEMELIDE2 horas, 55 minutos e 59 segundos87
9ºSIN SUSTANCIAIES AS MARIÑASBETANZOS2 horas, 56 minutos e 31 segundos87
10ºTHE COVENIES EDUARDO PONDALSANTIAGO DE COMPOSTELA2 horas, 59 minutos e 43 segundos87

domingo, 1 de febreiro de 2015

Finalizou a primeira fase do concurso e o grupo Fafochas do noso centro acadou o primeiro posto ex aequo con outros grupos, todos eles con 77 puntos, polo que é preciso un novo preguntón que dará o resultado definitivo. Parabéns a Tania, Jésica e Sarah Magdalena! Tamén os demais grupos que o fixeron de maravilla!

domingo, 25 de xaneiro de 2015

Odisea 2015. Comeza a singradura

Os nosos representantes

Carmen, Miguel, Tania, Jésica, Sarah e Francisco, alumnado de 1º de bacharelato.
Manuel Ángel, Caroline, Judit, Raquel, Lidia e Jésica, alumnado de 4º de ESO

Χαίρετε, ναῦται. VALETE, NAUTAE!

Hoxe comeza a vosa singradura. Sen que teñades que descender ao Hades para consultar a Tiresias podémosvos adiantar algúns consellos.
Durante tres días o apacible Euro guiaravos por augas en calma. Gozade, sen abafos de tempo, coas preguntas que se vos propoñan e asegurade as respostas, pero,  coidado! FESTINATE LENTE, σπεύδετε βράδεως!
O xoves verédesvos azoutados por Bóreas implacable e teredes que afrontar terribles momentos de desfalecemento ante as esquivas pistas do "preguntón" que, semellantes a Escila e Caribdis, axitarán o vinoso ponto para que se decanten os mellores. Sede prudentes como o paciente Odiseo, CAVETE, προσέχετε σαυτοῖς!
Os organizadores e organizadoras deste concurso desexámosvos moito éxito:
ἀγαθῇ τύχῃ, FORTUNAM SECUNDAM VOBIS!

domingo, 18 de xaneiro de 2015

Tres poetas latinos do amor

Catulo, Propercio, Tibulo.
A semana próxima emprendemos unha Odisea que nos fará percorrer as penas, alegrías, placeres e sinsabores que nas relacións amorosas sentiron os poetas latinos e gregos. Por iso é bo ilos coñecendo.
Boa viaxe.
Neste enlace podedes ver as normas do xogo da Vía Nova. Non temos o taboleiro, pero imaxinádeo similar ó da oca.