Que polémica xurdiu despois de que o lema do 14º estado dos EEUU engadise unha frase en latín? Explicade o significado do lema.

Visualizacións de páxina totais
luns, 23 de febreiro de 2015
xoves, 12 de febreiro de 2015
A épica. Lecturas Ovidio.
venres, 6 de febreiro de 2015
mércores, 4 de febreiro de 2015
Chegamos a bo porto!
As Fafochas, Jésica, Sarah Magdalena e Tania, a pesares de non ter escollido un nome clásico, acadaron a 3ª posición -entre 268 equipos- no concurso Odisea 2015!
Parabéns polo seu traballo, dedicación, constancia....!
Parabéns tamén á organización por todo o traballo que un ano máis levaron a cabo. Grazas!
Clasificación dos Grupos que participaron no desempate
| Orde | Nome do Grupo | Nome do Centro | Localidade | Tempo empregado no desempate | Puntuación Total |
| 1º | VICKY EL VIKINGO Y SUS AMIGOS LOS BARBARITOS.2.0 | IES "SALVADOR DE MADARIAGA" | A CORUÑA | 2 horas, 56 minutos e 29 segundos | 93 |
| 2º | PRÉSTASME | IES DIONISIO GAMALLO DE RIBADEO | RIBADEO | 2 horas, 53 minutos e 16 segundos | 91 |
| 3º | FAFOCHA | I.E.S. CIDADE DE ANTIOQUÍA | XINZO DE LIMIA | 2 horas, 30 minutos e 21 segundos | 89 |
| 4º | BADIUS | IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA | BAIO-ZAS A CORUÑA | 2 horas, 55 minutos e 1 segundos | 89 |
| 5º | HELENAS DE AMES | IES AMES | BERTAMIRANS-AMES | 2 horas, 56 minutos e 43 segundos | 89 |
| 6º | BENE UTERE! | COLEXIO PLURILINGÜE LA SALLE | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 2 horas, 57 minutos e 23 segundos | 89 |
| 7º | ALBUM ET NIGRUM | IES VAL DO ASMA | CHANTADA | 2 horas, 59 minutos e 5 segundos | 89 |
| 8º | AS DISCÍPULAS DE ATENEA | IES DE MELIDE | MELIDE | 2 horas, 55 minutos e 59 segundos | 87 |
| 9º | SIN SUSTANCIA | IES AS MARIÑAS | BETANZOS | 2 horas, 56 minutos e 31 segundos | 87 |
| 10º | THE COVEN | IES EDUARDO PONDAL | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 2 horas, 59 minutos e 43 segundos | 87 |
domingo, 1 de febreiro de 2015
domingo, 25 de xaneiro de 2015
Odisea 2015. Comeza a singradura
Os nosos representantes
Manuel Ángel, Caroline, Judit, Raquel, Lidia e Jésica, alumnado de 4º de ESO
Χαίρετε, ναῦται. VALETE, NAUTAE!
Hoxe comeza a vosa singradura. Sen que teñades que descender ao Hades para consultar a Tiresias podémosvos adiantar algúns consellos.
Durante tres días o apacible Euro guiaravos por augas en calma. Gozade, sen abafos de tempo, coas preguntas que se vos propoñan e asegurade as respostas, pero, coidado! FESTINATE LENTE, σπεύδετε βράδεως!
O xoves verédesvos azoutados por Bóreas implacable e teredes que afrontar terribles momentos de desfalecemento ante as esquivas pistas do "preguntón" que, semellantes a Escila e Caribdis, axitarán o vinoso ponto para que se decanten os mellores. Sede prudentes como o paciente Odiseo, CAVETE, προσέχετε σαυτοῖς!
Os organizadores e organizadoras deste concurso desexámosvos moito éxito:
ἀγαθῇ τύχῃ, FORTUNAM SECUNDAM VOBIS!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)